Site icon Crónica3.com A Mariña

A votación en internet o concurso “Maiores con Iniciativa”, hasta o 15 de xaneiro

A MARIÑA .- As persoas interesadas en emitir o seu voto para o concurso “Maiores con Iniciativa” podrn facelo na web mayoresconiniciativa.es, hasta o 15 de xaneiro, tras rexistrarse como “persoa usuaria”.

NOTA DE PRENSA

O mes pasado (decembro 2009) abriuse a II edición do concurso “Mayores con Iniciativa” no que estamos a participar tódolos Concellos que levamos a cabo a iniciativa Memoria de Muller (coa nosa páxina web http://memoriademuller.eu) e individualmente cada Concello cos seus audiovisuais de Memoria de Muller e Memoria dos Oficios e outras  iniciativas feitas con maiores. Este proxecto esta promovido por Fundetec, no marco do subprograma Avanza Cidadanía Xeral e no que a Xunta de Galicia é unha das entidades colaboradoras.

Ata o 21 de decembro puidemos rexistrar as nosas iniciativas e ata o día 31 de decembro era o prazo para meter na web www.mayoresconiniciativa.es o informe final no que nos, os dinamizadores/as como axentes sociais, detallabamos en que consistiu a iniciativa. En Ribadeo, participamos con Memoria de Muller e Memoria dos Oficios.

O luns 04/01/10, iniciouse o período de votacións para o concurso de “Mayores con Iniciativa”. O período para votar remata o 15 de xaneiro.

Para votar unha iniciativa en particular é preciso rexistrarse na web http://www.mayoresconiniciativa.es, nos, como dinamizadores, nos rexistramos como “axente social” e a xente que queira votar deberá rexistrarse como “persoa usuaria”. o resultado desta votación popular será tido en conta polo xurado do Concurso, de tal xeito que éste valorará, entre outras cousas, as iniciativas que durante o período de votación (do 4 ao 15 de xaneiro) resulten elexidas polo público. Para votar hai que rexistrarse e ir ao apartado de concurso-votación e seleccionar a Comunidade Autónoma da que se queren ver as iniciativas.

Exit mobile version