Site icon Crónica3.com A Mariña

Adiado o inicio das obras na rúa Deputación de Ribadeo polo mal tempo

RIBADEO .- O inicio das obras de rehabilitación de rúa Deputación de Ribadeo, que estaba anunciado para antonte, luns, atrasouse debido ás malas condicións meteorolóxicas que houbo a semana pasada.
Se o tempo mellora, os traballos, que financia a Xunta de Galicia a través do Xacobeo, comezarán nos próximos días, segundo explicou hoxe, mércores, o xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo, o ribadense José Carlos Rodríguez Andina, en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM).
As obras na rúa Deputación, de Ribadeo, atrásanse desde fai anos e corren a cargo do Xacobeo, da Xunta, porque por ese vieiro pasa o Camiño Norte de peregrinación a Santiago de Compostela.

Exit mobile version