Site icon Crónica3.com A Mariña

Amplia e variada programación no teatro Pastor Díaz de Viveiro para o primeiro semestre

VIVEIRO .- O teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá no primeiro semestre do ano espectáculos variados dirixidos a todas as idades, polo Pastor Díaz pasarán Caramuxo Teatro, Sarabela Teatro, Teatro do Morcego, Áncora Produccións, tamén Galitoon e a Cía Lírica, entre outros.

PROGRAMACIÓN

XANEIRO:

Sábado 30: Miroscopio Perdición.  Cachai!. RGTA

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 20.30

Autor/ director: Pepe Jiménez

Xénero: contemporáneo

Público: adulto

Elenco: Adán Rodríguez e David Gómez- Benito

Cachai introdúcenos nunha viaxe. Unha viaxe que se inicia cando non queda nada, ás veces familia, casa, traballo, identidade legal, saúde ou afecto. A vida entón acontece grazas á insistencia por agarrarse a ela. Nunha loita constante por non perder a dignidade. Nunha loita por sobrevivir.
Cando non queda nada é preciso renacer. Renacer despois da perda. Renacer desde a carencia. Renacer dos anónimos, daqueles dos que ninguén se lembra, das vítimas. Dos inocentes. Dá igual se ocorre en Galicia, en Marrocos, en Chile ou en Palestina. Cachai?

Duración: 1 h. 20 min.

FEBREIRO:

Venres 5: Galitoon. Rosalía, a pulga que escribía. Función escolar, RGTA

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 11.30 horas

Autora: Andrea Bayer

Dirección: Andrea Bayer e Santiago Alonso

Música : Diego Paz , Elena Paz. Música en directo

Elenco: Santiago Alonso

Xénero: teatro de monicreques

Público: a partir de 2 anos

SINOPSE:

Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.

Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e

mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario…. e lérllela.

Á señora Toupa porque non ve.

A Dona Xirafa porque perdeu as gafas.

Á ovella porque non sabe ler.

Ao señor Ratón porque lle encanta que lle lean.

E a Mr Elefante porque só  sabe ler en inglés.

O contido da carta é  unha invitación:

O MARTES 3 ÁS 10 UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA.

Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro.

Por que?

Porque é  unha  festa sorpresa para el!

Duración: 50 min.

Venres 5: Galitoon. Rosalía, a pulga que escribía. RTGA

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 18.00 horas

Autora: Andrea Bayer

Dirección: Andrea Bayer e Santiago Alonso

Música : Diego Paz , Elena Paz. Música en directo

Elenco: Santiago Alonso

Xénero: teatro de monicreques

Público: a partir de 2 anos

SINOPSE:

Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.

Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e

mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario…. e lérllela.

Á señora Toupa porque non ve.

A Dona Xirafa porque perdeu as gafas.

Á ovella porque non sabe ler.

Ao señor Ratón porque lle encanta que lle lean.

E a Mr Elefante porque só  sabe ler en inglés.

O contido da carta é  unha invitación:

O MARTES 3 ÁS 10 UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA.

Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro.

Por que?

Porque é  unha  festa sorpresa para el!

Duración: 50 min.

Sábado 27: Áncora Produccións. Colgados . A incrible historia do Homesoga o colgado de Celeiro: Logomono. RGTA

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 20.30

Autor: Gustavo Pernas Cora

Dirección: Anxela G. Abalo

Elenco: Gustavo Pernas Cora.

Xénero. Comedia

Público. Adulto

COLGADOS-  A incrible historia de Homesoga o colgado de Celeiro- Logomono-* de Gustavo Pernas Cora

En épocas de crise hai moito colgado.  “Homesoga” é un colgado profesional. Que tes algún problema grave? El cólgase por ti. A súa historia é incrible. Todo comezou sendo neno, cando…En fin,  se queres que cha conte e precisas dos seus servizos, ven, el nunca  te deixará colgado porque morrerás coa risas.

*Os logomonos son monólogos ao revés, monólogos mutantes interpretados polo propio autor. E logo son monos, para lucir no espazo da comedia, espectaculares, peludos, esperpénticos, surreais, actuais, críticos, acedos, divertidos, ha, ha, ha!,  hilarantes como a risa dos monos.

Duración : 1h. 15 min

MARZO:

Sábado 6 : Orquestra de Cámara Galega . Xacobeo 2010

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 20.30 h.

Sábado 13: Teatro do Morcego. Kvetch. Unha comedia americana sobre a ansiedade. RGTA

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 20.30

Autor: Steven Berkoll

Dirección: Álvaro Lavín

Xénero: comedia

Público: adulto

Elenco: Celso Parada, Mónica Caamaño, Miguel Pernas, Dorotea Barcena  e Mundo Villalustre.

Imaxine  un intre no que vostede puidese expresar en alto todo aquilo que pensa polo baixo, sen ser oído polos que o rodean. Imaxine a cantidade de sesións de diván na consulta do psicoanalista que aforraría. Ou non?.

Un espectáculo impúdico, xubiloso, devastador e feroz dos seus medos, frustracións e estrés diarios de toda caste : “Kvetch”.

Vivimos todos baixo a ameaza da bomba –do cancro- dos axentes canceríxenos –da enfermidade- do paro –da impotencia- do medo ao medo –dos negros– dos brancos –da policía– dos impostos –da  declaración da renda-  de quedar calvos –de engordar– de poñernos feos –de ser parvos– de non ser enxeñosos –de ser tímidos- de preocuparnos por aprender a tocar o piano –do medo ao fracaso– de non causar boa impresión –medo  á forza dos demais– a non ter xubilación – a vellez – a morte – á guerra…  Esta é unha obra adicada a tódolos que teñen medo.

Duración : 1h. 20 min

ABRIL:

Sábado 10:  Gala Lírica da Cía Lírica OFELIA NIETO. XACOBEO 2010

Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Hora: 20.30 horas.

Interpretes: Alba López, soprano; Pablo Carballido, tenor y Antón de Santiago , barítono, con acompañamento de piano.

Sipnose:

Unha selecta e fermosa escolma de pezas da Cantiga Lírica Galega, grande tesouro poético-musical da cultura de Galicia, baseado nos nosos grandes poetas; mostras da posible Zarzuela galega (Maruxa, A Meiga, etc.), e anacos das máis fermosas pezas do Teatro Lírico Español e da Opera Universal. Todo isto interpretado por tres dos mellores cantantes galegos, residentes en Galicia, cuxa formación e arte interpretativa ten de sempre a mellor acollida de público e crí tica. P.Carballido, alumno de Antón de Santiago, licencionse coas máximas ca lificacions e premios de fin de carreira e é Profesor de Canto titulares no Conservato rio Profesional da Coruña e na Escuela Municipal de Música da mesma cidade, en tanto A. Ló pez, que cursa os últimos cursos do Superior con A. De S., nos que obten altas calificacions e matrículas de honra, ven de gañar o 1º Premio no Cer tame de Voces Xoves do Circo de Artesanos. Antón de Santiago, responsable da Cátedra de Canto do C.Superior da Coruña, estudou en Ma drid con Marimí del Pozo, M.Zanetti e F.Lavilla e foi 1º premio no C.I. de Canto de Logroño. É compositor, actor e autor teatral e periodista mu sical. Está considerado o mellor intérprete da Cantiga Lírica Galega

Sábado 17: Sarabela Teatro. A Esmorga. RGTA

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 20.30 h

Autor: Eduardo Blanco Amor

Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda

Xénero: drama

Público: adulto

Elenco: Fernando Dacosta, Suso Díaz, Xosé A. Porto “Josito”, Nate Borrajo, Rosa Álvarez, Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Tito R. Asorey

A OBRA CUME DA NOSA NARRATIVA FEITA TEATRO NO CINCUENTA ANIVERSARIO DA SÚA PUBLICACIÓN.  UN ESPECTÁCULO CAPAZ DE FACER SANGRAR Á CHUVIA E CHORAR AO LUME

Dende a primeira escena, o espectador/a entra na traxedia. A ESMORGA  combina con asombrosa naturalidade a esencia absoluta da vida e da morte. Intensa, emocionante e, sobre toda apaixoada, é unha obra MESTRA, das mellores xamais escritas.

A Esmorga é  unha traxedia aceda e cruel de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de vinte e catro horas deambulan polos arrabaldos de Auria -transfondo ficcional da cidade de Ourense-. Perseguidos pola xustiza e baixo a choiva e o frío da noite, Cipriano Canedo, obreiro (O Cibrán ou O Castizo), Juan Fariña (O Bocas, O Alifante), sen oficio coñecido, e Eladio Vilarchao (O Milhomes, O Maricallas), xastre de profesión, atopan o seu desafogo no alcol, no sexo e na violencia. A entrega aos praceres máis primarios, como fuxida á adversa realidade na que viven, lévaos á autodestrución.

A historia transcende a época e o espazo. Podería acontecer hoxe en calquera cidade occidental.

Duración: 1 h. 30 min.

Venres 30: Caramuxo Teatro. Os Bolechas

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 11.30 horas.

Autores: Juan Rodríguez e Pepe Carreiro

Dirección: Juan Rodríguez

Xénero; monicreques

Público:  a partir de 3 anos

Elenco: Juan Rodríguez, Victoría Pérez e Laura Sarasola

Caramuxo teatro presenta o gran éxito editorial galego. Os Bolechas, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosa un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns

Duración: 50 min

Venres 30: Caramuxo Teatro. Os Bolechas

Lugar: Teatro Pastor Díaz

Hora: 18.00 horas.

Autores: Juan Rodríguez e Pepe Carreiro

Dirección: Juan Rodríguez

Xénero; monicreques

Público:  a partir de 3 anos

Elenco: Juan Rodríguez, Victoría Pérez e Laura Sarasola

Caramuxo teatro presenta o gran éxito editorial galego. Os Bolechas, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosa un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns

Duración: 50 min

Exit mobile version