Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela merecería “moito máis” nos presupostos da Deputación para 2010, asegura o PP

NOTA DE PRENSA

Os populares afirman que Burela merecería  “moito máis” nos presupostos da Deputación para 2010.

Lamentan a falla de compromiso do “bipartito amigo”.

O PP asegura que desde a Deputación non hai proxectos para Burela.

O PP de Burela afirmou hoxe que Burela merece moito máis do que lle dá a Deputación Provincial, e lamentan a falla de compromiso do bipartito amigo, que se traduce na ausencia de proxectos sólidos para Burela que contribúan a millorar a calidade de vida e asentar postos de traballo.

Para os populares, lonxe quedan 2006 e a primeira metade de 2007, cando a Deputación investiu en Burela seiscentos mil euros, cen millóns das antigas pesetas, en investimentos reais: a ponte nova sobre FEVE na Casilla, a renovación da estrada Burela-San Cibrao desde o cruce con Circunvalación hasta A Marosa, as pistas de tenis da Marosa, ou a reposición total da cuberta da tribuna sur da Marosa, danada por un temporal a principios de 2007. Todo eso, sen contar as obras do Plano de Obras e Servicios, POS, as axudas para pequenas obras de comunidades veciñais e as distintas subvencións a asociacións.

Os populares tamén lembran que as previsións de facer na Puida un parque empresarial de douscentos mil metros cadrados cun investimento de seis millóns de euros, mil millóns das antigas pesetas, a levar a cabo pola Sociedade Urbanística Provincial, SUPLUSA, que datan da segunda metade de 2006, tamén se deberon ó compromiso do PP tanto desde o Concello coma desde a Deputación.

Agora, só quedan as axudas para o POS, e os vintecatro mil euros para pequenas obras levadas a cabo por colectivos veciñais. E por riba os dous bipartitos anularon a obra do Plano Operativo Local 2006 de saneamento da estrada A Casilla-A Marosa pola marxe dereita, que tiña un presuposto de 120.000’00€, e que agora se fará dentro do POS, pero con aportación do concello, co que a Deputación ainda aforra cartos.

Os populares indicaron que nos presupostos da Deputación para o ano 2010 “só se salva a aportación  ó Burela Fútbol-Sala”. Polo demais, indicaron os populares, nada de nada, porque as axudas do INLUDES ó sector pesqueiro suman sete mil euros, e dezaoito mil euros para actividades turísticas.

Para o PP de Burela, precisamente o INLUDES debería facer un esforzo en axudar á flota pesqueira na situación de crise na que se atopa, pero nada hai nos presuspostos para este asunto. Tanto falar da pesca, tanto defender a pesca como sector estratéxico para logo decir que a Deputación non tén competencias no asunto. Disculpas de mal pagador.

No que se refire a SUPLUSA, é lamentable que en dous anos e medio non se fixera practicamente nada para sacar adiante o parque empresarial, e eso que as previsións xa veñen da segunda metade de 2006, cando o PP gobernaba a Diputación e o concello.

Para os populares, o balance destes dous anos e medio de “bipartito amigo” na Deputación é máis pobre e escaso en relación con Burela, como pobre e escaso é o seu compromiso reflexado nos presupostos para 2010 co noso concello. Tanto é así, que a gran axuda que ía dar a Deputación para a reposición da tribuna da Marosa afectada polo temporal quedou reducida a 4.500’00€.

En definitiva, o “bipartito amigo”  da Deputación non lle aporta nada a Burela xestionado polo bipartito burelés, porque ou ben Burela non lle importa ó “bipartito amigo provincial”, ou ben o bipartito burelés é bon amigo porque nada pide. E ainda cabe unha terceira posibilidade, e é que se dean as dúas anteriores ó mesmo tempo.

Exit mobile version