Site icon Crónica3.com A Mariña

Deteñen ao presunto autor do roubo de 31.917 paquetes de tabaco e outros bens nun estanco de Foz

Travesía de Foz

FOZ .- Esta pasada noite, de domingo a luns, roubaron tabaco, outros produtos e diñeiro no estanco que hai na rúa García Lorca, de Foz, cuxa porta foi forzada. Como presunto autor dos feitos a Garda Civil detivo, tamén na vila focense, na mañá de hoxe, luns, a un home de nacionalidade romanesa, de 29 anos de idade, cando estaba nunha furgoneta co tabaco e os demais obxectos subtraídos no interior de vehículo, segundo informou a emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM).
O roubado no estanco, que foi atopado pola Garda Civil na furgoneta onde estaba o detido, eran 31.917 paquetes de tabaco, 335 euros en efectivo e diversos produtos como pilas, reloxos, chisqueiros, llaveros, carteiras, cecineros e pulseiras.

Exit mobile version