Site icon Crónica3.com A Mariña

En relación coa estrada da costa “quedámonos como estábamos” coa visita do Delegado do Goberno, asegura o PP de Burela

Nota de Prensa

Os populares afirman que o Delegado do Goberno descoñece as alegacións presentadas por Burela polo trazado do corredor Barreiros-San Cibrao.

Pablo Pernas, Manuel Fernández e Luis Pedre lamentan o silencio do alcalde sobre a posible entrevista co Ministro de Fomento.

Lembran que o edificio de Capitanía foi xestionado polo PP.

O GMPP de Burela afirmou hoxe, a través dos seus concelleiros Pablo Pernas, Manuel Fernández e Luis Pedre, que “o delegado do goberno en Galicia, Antón Louro, demostrou durante a súa presencia en Burela no día de onte que non coñece as alegacións presentadas polo Concello de Burela sobre o trazado do corredor San Cibrao-Barreiros. Polo tanto, quedámonos como estábamos”.

Os tres concelleiros populares, que asistiron onte á reunión mantida no concello co Delegtado do Goberno Antón Louro, indicaron que “durante a reunión mantida polo delegado con membros da corporación, o alcalde non abreu a boca para interesarse pola tramitación das alegacións presentadas polo Concello de Burela, hasta que, xa aberto o turno de preguntas, Nieves Cando preguntou sobre o asunto, e nos atopamos con que o Sr. Louro só acertou cando dixo que se estaban resolvendo as alegacións, pero que descoñecía as presentadas polo Concello de Burela. Creemos que a sorpresa foi xeneral menos para o alcalde, porque gran parte dos presentes agardábamos unha resposta que clarificara o futuro, ainda que fose minimamente”.

As conclusións que saca o GMPP son claras, segundo Pernas, Fernández e Pedre: “Polo tanto, temos que concluir que o alcalde no seu momento non informou ó delegado do goberno, ainda que el manifestase publicamente o contrario,  e que mui posiblemente tampouco nunca se solicitou en serio a entrevista co Ministro de Fomento. Po eso, se sabe algo máis de todo este asunto, deberá aclaralo publicamente, porque da reunión de onte moitos salimos coa sensación que en todo este asunto das alegacións sobre o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao traballamos moitos, pero entre eles non se inclúe precisamente o alcalde. De non dar esas explicacións, pensaremos que o alcalde nos está enganando a todos os que fixemos propostas para as alegacións e en conxunto a todos os veciños”.

Por outra banda os populares afirman que “o proxecto de Capitanía foi iniciado polo PP em 2006 e o retraso na execución do mesmo xá é considerable, polo que confiamos que os prazos que dá o alcalde se cumplan e non aconteza como acontece a miúdo, que sempre se equivoca”.

Exit mobile version