Site icon Crónica3.com A Mariña

Grupo municipal do PP de Burela: Sobre a seguridade cidadá e as obrigas dun alcalde

CARTA DO GMPP DE BURELA

Sobre a seguridade cidadá e as obrigas dun alcalde.

Asistimos nas últimas semanas a un acalorado debate na rúa sobre o acontecido na movida burelesa nos primeiros días do ano. Nese debate ténse falado, e se fala, da seguridade cidadá e das obrigas que tén un concello, especialmente o seu alcalde, de cara a garantir a convivencia do dereito ó descanso e o dereito ó ocio. Pasado un tempo prudente, cómpre facer unha reflexión serena e aclarar algunhas cuestións ó respecto, ainda recoñecendo, por experiencia de goberno, que garantir eses dereitos e a súa convivencia é sempre tarefa difícil para un concello, para o seu alcalde e para a Guardia Civil e a Policía Local.
En primeiro lugar, a violenta agresión sufrida por un rapaz a primeiros de ano hai que condenala radicalemente e pedir que se aplique a xustiza tan amplamente coma sexa posible para cortar de raiz estas situacións extremas. Pero, con todo, tén que considerarse como algo excepcional, e de por si non significa que exista inseguridade cidadá nas noites de fin de semana en Burela máis aló do que acontece en calquera outra vila semellante á nosa.
Aclarado esto, e adiantando que a lei di que o alcalde é o máximo responsable en materia de seguridade cidadá no seu termo municipal, e recoñecendo que o alcalde non é culpable directo da agresión citada porque el evidentemente non participa na mesma nin a incita, sí é certo que o papel do concello e do alcalde queda en entredito en todos eses acontecementos de fin de ano e principios do actual.
Noutros concellos non houbo ningún problema en Anovello no peche dos locais nocturnos. Por qué? Pois porque probablemente,  como se facía en Burela co goberno municipal do PP, houbo conversas previas entre Guardia Civil e concellos para fixar criterios, tendo en conta a excepcionalidade das festas a vivir, pero eso sí, preservando en todo momento a lexislación vixente en caso de incidentes. No Anovello burelés, todo apunta a que o alcalde “pasou” de concretar criterios coa Guardia Civil, a que un local podería estar incumplindo a normativa legal sobre apertura e que ademais o propio alcalde tentou sacarse o morto de riba pola vía da disculpa antes de que lla pediran, pero dun xeito zafio e irresponsable culpando dos peches dos locais á Guardia Civil.  Mal feito, porque nin antes das festas nin despois falou cos donos dos locais nocturnos, polo que non pode sair ós medios informativos decindo que o peche dos locais foi cousa exclusiva da Guardia Civil e pretender quedar como alcalde casto e puro e libre de toda responsabilidade. Eso sí, logo tenta rectificar, pero é tarde. Primeira culpa do alcalde, que demostrou xa de entrada esquecer cales son as súas funcións marcadas pola normativa vixente. Moita dilixencia para pechar algúns locais, e tamén moita para sacarse responsabilidades.
Dito esto, no que respecta á agresión sufrida por un xove burelés, o alcalde cargou as culpas na sociedade e nos locais nocturnos, e mesmo na xuventude. Díxonos a todos que todos tiñamos que aportar solucións. Mui ben; no que se refire á sociedade, é certo que todos temos algo que decir e que facer, como cidadáns e mesmo como pais e nais. Decirlles ós xoves que se comporten decentemente, tampouco esta mal, pero hai que predicar co exemplo. Porque el pode comenzar a exercitar a súa autoridade, por exemplo, co mal uso que co seu consentimento se lle dá á Praza do Concello: patinadores, coches aparcados na praza, etc.. É de mal gusto responsabilizar á sociedade cando non se fai ningunha laboura de prevención, e de peor gusto culpar á xuventude. Por certo, onde van as noites alternativas que puñera en marcha o PP? Desapareceron. Xa sabemos que non eran a solución final, pero resulta chocante que o bipartito, que tanto as esixiu desde a oposición, chegara a suprimilas.
E culpar ós locais de que venden moito alcohol e a prezo reducido, é sinxelamente confundir o touciño coa velocidade. Sobre de todo cando un alcalde tén que ordenar e facer realmente eficaces e eficientes os medios que tén. Sen ir máis lonxe, na maioría das noites dos fins de semana desde finais de Setembro só hai un policía municipal, o que demostra unha grave irresponsabilidade. Solución, reorganizar os recursos humanos dispoñibles, porque non hai que esquecer que a responsabilidade é do concello, e que a máxima autoridade dun concello é o alcalde. Porque cando hai alternativas para tal reorganización dentro dos recursos municipais, non se pode invocar á actuación da Guardia Civil, xusto despois de ter posto en tela de xuizo a súa actuación. Porque, había algún municipal de turno a noite da agresión ó xove burelés? Cremos que non, e eso é o que é realmente grave. Segunda metedura de pata do alcalde, que cáseque nunca tén a culpa de nada: toda a responsabilidade, segundo el, é sempre dos demais, da Guardia Civil, dos locais, dos pais e nais, e hasta dos rapaces por sair de noite.
Solucións hainas, e tenas o alcalde na lexislación vixente, lembrando cales son as competencias que tén o concello como tal e o alcalde en particular. Non nos extrana que boa parte da sociedade burelesa mire ó alcalde con certa desconfianza. Dada a súa forma de actuar, hasta pode que sexa el, precisamente, coa súa neglixencia e falla de posta en marcha de solucións activas, quen xenere tal desconfianza e mesmo inseguridade cidadá.

Exit mobile version