Site icon Crónica3.com A Mariña

Informa o BNG que o Museo Histórico de Sargadelos leva meses pechado para decepción de moitos visitantes

NOTA DE PRENSA
O MUSEO HISTÓRICO DE SARGADELOS LEVA UN MES PECHADO PARA DECEPCIÓN DE MOITOS VISITANTES

Nin concello nin Consellaría de cultura supliron con persoal complementario as vacacións do persoal que o atende asiduamente

Cervo, 8 de xaneiro de 2010. O Museo Histórico de Sargadelos mantén as súas portas pechadas dende o 9 de decembro, data na que a responsábel das instalacións colleu as súas vacacións regulamentarias. Os nacionalistas denuncian esta situación, que deteriora a imaxe pública do concello de Cervo, xa que si asiduamente son moitas as persoas que visitan o Conxunto Histórico de Sargadelos e o seu Museo, moito mais en plena época vacacional, cando se produce un incremento importante de visitas. Dous meses despois da súa primeira visita a Sargadelos a Superdelegada, volve a Cervo e no canto de reunirse na sede do Real Patronato de Sargadelos do que e Vicepresidenta, faino na sede do “Ecomuseo Cervo”, un proxecto virtual perfecto para facer anuncios virtuais.

O BNG pedirá explicacións ao Alcalde polo peche do Museo de Sargadelos durante un mes.

Xoán Antón Estúa García, portavoz municipal do BNG, presentou un escrito no concello onde pide explicacións polo peche durante un mes do Museo Histórico de Sargadelos, o nacionalista quere coñecer si o concello ten algunha responsabilidade nesta situación ou si corresponde exclusivamente á Consellaría de Cultura, e en calquera caso cales foron as xestión realizadas polo goberno municipal para evitar esta situación, si é que fixo algunha, nun dos centros de atracción turística mais importantes do concello e tamén da Mariña Luguesa.

Estúa criticou a actitude irresponsábel dos responsábeis de manter abertas as instalacións, sendo coñecedores da concesión de vacacións á persoa que habitualmente as atende, que non foi suplida por outra persoa. O nacionalista constatou que os anuncios realizados pola Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, na súa visita do mes de novembro a Sargadelos “foron un brindis ao sol, xa que o servizo telefónico segue sen funcionar e agora tampouco hai persoal”.

Os novos anuncios en materia turística da Xunta non podían escoller mellor lugar para facerse

Estúa preguntouse si o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, non aproveitou a visita a Cervo da Secretaria Xeral de Turismo, para queixarse da situación, “que dende logo non deixa en moi bo lugar a imaxe turística de Cervo” . Ao nacionalista chamoulle a atención que a reunión mantida na tarde de onte non se celebrase na Casa da Administración, sede do Real Patronato de Sargadelos, cuxa vicepresidenta e Raquel Arias, “é premonitorio que para facer anuncios virtuais se utilicen museos virtuais, mentres os que xa existen fican abandonados e sen a atención que corresponde”.

Exit mobile version