Site icon Crónica3.com A Mariña

Premios do certame de Poesía Infantil “Nadal 2009” de Lourenzá

No certame de Poesía Infantil “Nadal 2009” do Concello de Lourenzá, na categoría A, ata 8 anos, o primeiro premio correspondeulle a Antía Lillo Irimia, por “Apertas para o meniño”; o segundo Roberto Varela Barreira, por “Poesía do Nadal”; o terceiro a Javier Álvarez Méndez, por “Baltasar e o neno”. Na categoría B, de 9 a 11 anos: o primeiro premio foi para Adrián Huertas Rivas, por “O aguinaldo”; o segundo para Alexandra Albertos Goyos, por “O gato pillabán”; terceiro para Claudia Neira Carreiras, por “Bo Nadal”.Na categoría C, de 12 a 16 anos, non se presentou ningún traballo, queda deserto.  Os diplomas e agasallos entregaranse na vindeira semana. Os traballos clasificados tomarán parte na convocatoria provincial do mencionado certame

Exit mobile version