Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Rural estimula con máis de 534 mil euros o labor de recría de vacún de razas autóctonas

LUGO .- Medio Rural distribúe 534.910 euros a 526 gandeiros para estimular o labor de recría de gando vacún de razas autóctonas que realizan nas súas explotacións.

Nota de Prensa

MEDIO RURAL DISTRIBÚE MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS ENTRE  GANDEIROS DE LUGO QUE CRÍAN GANDO VACÚN DE RAZAS AUTÓCTONAS

* Raquel Arias destaca que case un tercio das explotacións que acreditaron contar con máis de un cento de animais de frisona ou rubia galega pertencen “á provincia, que conta cun potencial de cabeceira a nivel estatal neste ámbito”

Lugo, 28 de xaneiro de 2010.- Un total de 526 gandeiros lucenses recibiron unha subvención da Consellería de Medio Rural para estimular o labor de recría de gando vacún de razas autóctonas que realizan nas súas explotacións.

O conxunto das axudas supoñen un investimento de 534.910 euros, destinados “a fomentar a recría de femias das razas frisona ou rubia galega, realizada tanto na propia explotación como en centros especializados de recría na comunidade autónoma”, segundo destacou a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias.

Mediante este programa, a Consellería de Medio Rural pretende mellorar a calidade dos produtos obtidos en Galicia do gando vacún, preferentemente leite e carne, elevando a calidade xenética da cabana gandeira. Mediante este método, conséguese a reposición dos rabaños con animais de alta calidade inscritos en libros xenealóxicos.

A contía base da axuda é de 160 euros por cada un dos animais recriados, se ben esta cifra varía en función dos criterios establecidos nas bases da convocatoria, “podendo chegar incluso ata un máximo de 250 euros por cada animal”, recordou a delegada territorial.

Así, se o beneficiario está inscrito como produtor de leite ou carne ecolóxico no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, a contía base pódese incrementar en 80 euros. Igualmente, se o animal permaneceu nun centro colectivo de recría de Galicia un tempo mínimo de 12 meses, a contía auméntase en 40 euros.

En todo caso, o importe final da axuda para cada beneficiario nesta convocatoria anual quedou limitado a 3.250 euros, independentemente do número de cabezas de gando xustificadas. Neste sentido, cabe subliñar que de 52 gandeiros que acreditaron contar con máis de 100 animais de raza frisona ou rubia galega, unha trintena son “da provincia de Lugo, que conta cun potencial de cabeceira a nivel estatal neste ámbito

Exit mobile version