Site icon Crónica3.com A Mariña

Moitos galegos queren ser madrileños

Non é miña a frase, pero podería selo, pois opino de igual maneira, quen a dixo foi o profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas autor do libro ´55 mentiras sobre a lingua galega´ que tamén engadiu: “É falaz invocar o bilingüismo para non querer falar unha das linguas oficiais e querer elixir para non ter contacto co galego porque mancha”

Galicia era o pais onde mais se falaba o seu idioma, onde mais xente o entendía, comparando con as outras dúas comunidades históricas, en Euskadi non chegaba a o 20% os que entendían o seu idioma e en Cataluña era de un 70% Galicia subía ata preto do 90%, claro que, xa o levo explicado moitas veces, o caso catalán e moi diferente o noso, alí quen conservou e potenciou a súa fala e a súa cultura foi a burguesía, debido  á masiva emigración dende primeiros do século XX eran os de fora o 30% quen non entendía o catalán.

Aquí , moi o contrario, quen gardou a fala foi o “lumpen campesiño” e as crases mais humildes quen falaban galego, os señoritos falaban castelán a o igual que os curas, a garda civil, o alcalde, o xuíz, o medico, notario…….pero si entendían o galego, que remedio, o campesiño, que era quen traballaba e pagaba os impostos solo falaba aquel idioma.

Chegou a Democracia burguesa, despois a autonomía e puxeron a un presidente que fora galeguista de dereitas, incluso fora a Rusia a matar roxos na división azul, pero el era galeguista e médico socio doutro galeguista e medico que tamen tomou mando en praza: Delegado do Goberno en Galicia e presidente da Academia Galega, por ali pasou tamén xente como o meu amigo Alvarez Pousa e outros e empezaron a cambiar as cousas, dábanse crases de galego, despois algunha asignatura mais pero gardando sempre de que a lingua castelá non fora menos do 50% do ensino.

Cagabandurrias hóuboos sempre, en todo lugar e momento histórico, e aquí tamén, eran eses de sempre que  QUERÍAN SER GALEGOS DE MADRID, pero entón quedou un de eses a gobernar e entón chegou o comandante e mandou parar.

Armouse a de “deusencristo” e un monicreque con complexo de inferioridade idiomático e sexual, disque, colleu o mando e sacou dos seus escasos miolos un decreto que di que agora temos que darlle a mesma importancia ao idioma dos anglosaxóns que a nosa lingua e o castelán.

E un, que xa vai para xubilado, que cada dia ten menos pelo e a barba mais branca e que ten as témporas peladas de tanto aguantar “Invencibles e escuros” esta tamén ata a punta do fociño, e iso que o teño prominente, de escoitar aquelo de que o galego non é útil, que non vale para nada, que está ben para falar na casa pero non para dar clase de Física ou para saír fóra de Galicia…

E isto e “mentira cochina” Aquí,  hai moita xente -médicos, enfermeiras…- que traballa en Portugal. Por que? Porque levan xa o idioma aprendido, e non collen salmantinos ou estremeños. En Petrobras, en Brasil, hai moitos enxeñeiros galegos. Iso de que non vale para nada… ‘É que non é internacional’. Tampouco é o español: deixémonos de historias, a lingua científica e técnica é o inglés. Un holandés ten que renunciar á súa lingua, ou un danés, porque só a falan catro millóns de persoas?

Otero Regal

Exit mobile version