Site icon Crónica3.com A Mariña

Na IX Carreira Popular celebrada en Barreiros a fin de semana participaron 19 categorías

BARREIROS .- A IX Carreira Popular de Reis de Barreiros, proba organizada polas Escolas Deportivas da Mariña Oriental co apoio da Área de Deportes da Deputación de Lugo celebrouse a pasada fin de semana. Na competición participaron 19 categorias. O delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, entregou o premios

Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA ENTREGOU O PREMIO AO VENCEDOR DA IX CARREIRA POPULAR DE REIS DE BARREIROS

O delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, entregou o premio ao vencedor desta IX edición dunha carreira popular de Barreiros plenamente consolidada

LUGO, 25 de xaneiro de 2010. O delegado de Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, entregou onte o premio ao vencedor da IX Carreira Popular de Reis de Barreiros, proba organizada polas Escolas Deportivas da Mariña Oriental co apoio da Área de Deportes da Deputación de Lugo. Por motivos de calendario, ao coincidir con outras probas, a edición deste ano tivo que atrasarse no tempo até a pasada fin de semana.

Na proba mariñá, que mantivo o poder de convocatoria doutros anos, déronse cita atletas de todas as idades que competiron en 19 categorías con distancias diferentes. Os participantes máis novos até a categoría cadete correron desde os 50 até os 5000 metros, mentres que os corredores e corredoras de idade adulta tiveron que facer fronte todos eles a 8.500 metros.

Os tres primeiros participantes de cada categoría recibiron un trofeo e todos os participantes da IX Carreira Popular de Reis de Barreiros volveron á casa cun diploma acreditativo da súa carreira e cunha medalla para o recordo.

Exit mobile version