Site icon Crónica3.com A Mariña

Na lembranza do que foi home de letras e debuxante Xosé María Cao Luaces

O que foi considerado o pai da caricatura  política  Arxentina , (o Cervense Xosé Mª Cao Luaces nado en Vila de Suso. O 13 de Decembro do 1862, o seu pasamento 27 de Xaneiro do 1918 en Lanús Arxentina). Fillo de Luís Cao Fernández, un artesano ceramista e de Francisca Luaces. Casou con dona Mª de Domenice tiveron seis fillos.

Xose Mª estudou as carreiras de maxisterio, comercio, aduanas e telégrafos. Dende moi novo interesouse polo debuxo.

Comezou a traballar na fabrica de Sargadelos onde traballaba o seu pai. Ingresou na fabrica de louza  “ La Asturiana” en Xixón, como axudante de pintor.

De volta en Galicia dirixiu un taller de porcelanas e cristalaría na Coruña, colaborou en ensaios literarios en varias publicacións.

En 1886 emigrou a Bos Aires alí comezou a traballar  de caricaturista nas rúas, en 1888 traballou nun taller de gravados, foi mestre nun colexio, e colaborou en varias publicacións, algunhas de moito prestixio como “El Sudamericano”, onde era encargado da sección de retratos. Foi contratado polo Director da revista Don Quijote, un español que coñecía ben a Cao.

Utilizaba o seudónimo de Demócrito I I . Os seus debuxos eran moi polémicos, mesmo estivo no cárcere, e ata tivo un intento de asasinato.

Fundou as publicacións, Caras y Caretas, El Eco de Galicia fundado en 1892, traballou para refundar o centro Galego de Bos Aires, en 1894 funda a revista  El Cid Campeador.

Algunhas das súas caricaturas foron difundidas por América e Europa.

Luís Seoane dixo que a figura que el debuxaba estaba perfectamente modelada, Castelao pensaba e moitas veces en conversas contaba con que pracer miraba, primeiro na Arxentina e logo en Galicia os debuxos de Cao.

No ano 2008 a fundación Imago de Bos Aires organizou unha exposición, baixo o titulo “ La Argentina sin careta “ con douscentos orixinais de Cao, no ano 2009 patrocinado pola Xunta de Galicia percorre varias cidades Santiago de Compostela, Lugo etc.

Francisco E  Maya Seoane

Exit mobile version