Site icon Crónica3.com A Mariña

o BNG de Viveiro interesase pola piscina municipal e pide as actas das inspeccións

Nota de Prensa

O BNG DE VIVEIRO PREGUNTA AO TENENTE ALCALDE FERNANDEZ AMOR, PRESIDENTE DE TURVIVEIRO

O Consello local do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, analizou onte as declaracións do señor Fernandez Amor, tenente de alcalde e presidente de Turviveiro, apareceidas nos xornais en data 28 de xaneiro.

Nesta desafortunada intervención, o Sr. Amor, insta aos usuarios da piscina municipal a que fagan chegar ao Concello as deficiencias que observen. Segundo o Bloque Nacionalista Galego, o Sr. Fernández Amor trata de trasladar aos usuarios unha responsabilidade que debe de asumir él como presidente da sociedade municipal.

Os nacionalistas de Viveiro apoian as súas afirmacións no Contrato de Cesión da Xestión e Explotación da Piscina Municipal de Viveiro, que no seu artigo 10.b.(POTESTADES E DEREITOS DO CEDENTE) dí:”Fiscalizar la gestión del servicio, para lo que podrá inspeccionarlo incluidas las instalaciones, locales y documentación relacionada con la gestión, con la facultad de ejercerla en el interior de las dependencias del servicio, por el personal que a tal efecto designe, y dictar las órdenes precisas para mantener o restablecer la debida prestación del servicio. LA INSPECCIÓN SE REALIZARÁ COMO MÍNIMO UNA VEZ AL AÑO”.

Tendo en conta o devandito artigo, formulámolle ao Sr. Fernández Amor, resposte as seguintes preguntas:

* Cántas veces,  é en que datas  se fixeron as inspeccións nos dous últimos anos?
* Que técnico se nomeou para facelas?
* Donde están as actas destas inspeccións?

Exit mobile version