Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela e o Valladolid de fútbol sala feminino disputarán o II Trofeo Raiñas Meigas concello de Burela

BURELA .- O Burela e o Valladolid de futbol sala feminino desputaran o domingo o sefundo Trofeo Raiñas Meigas no pavillón de Vista Alegre, a un solo encontro. Ambos equipos militan na división e honra.

Nota de Prensa

O II TROFEO RAÍÑAS MEIGAS CONCELLO DE BURELA DE FÚTBOL SALA FEMININO  DISPUTARASE O VINDEIRO DOMINGO

A Área de Deporte da Deputación de Lugo patrocina este torneo que se disputará a un so encontro entre o Burela FSF e o Valladolid FSF no pavillón de Vista Alegre

LUGO, 7 de xaneiro de 2010. O pavillón de Vista Alegre acollerá este domingo a segunda edición do torneo de fútbol sala feminino RAÍÑAS MEIGAS. O trofeo disputarase a un solo encontro ás 12:00 horas entre dous equipos militantes na categoría de división de honra. O Burela FSF enfrontarase ao Valladolid FSF nun encontro que se prevé de altísima calidade ao tratarse de dous clubs de primeiro nivel no fútbol sala feminino.

O equipo do Fútbol Sala Burela Feminino iniciou o ano pasado a súa andadura con enorme éxito xa que conseguiu o ascenso a División de Honra. Nesta tempada ocupa a 6º praza  da categoría o que resulta moi satisfactorio para o clube. O equipo está formado maioritariamente por xogadoras galegas, moitas delas da Mariña e tres brasileiras. Conta cun cadro de 14 xogadoras no que cabe destacar a fichaxe de mulleres de Burela, Cervo, Mondoñedo, Foz e Viveiro.

O torneo foi presentado no salón de plenos do concello de Burela e no acto participaron a tenente-alcalde, Neves Cando, o delegado de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, e dous directivos do Burela Fútbol Sala, Auditor R. Lombardía e Antonio CoutoTodos os participantes na presentación destacaron o papel fundamental do Burela FSF “como exemplo a seguir na promoción do deporte feminino”. O responsable de deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, quixo salientar o compromiso firme que a Deputación de Lugo mantivo con este proxecto deportivo para o que aportará neste exercicio máis de 150.000 euros. Veiga lamentou a actitude da oposición ao respecto das críticas vertidas nestes últimos días e afirmou que “o apoio ao deporte hai que velo sobre os orzamentos, o demais sería palabrería”.

Veiga destacou tamén que “a Deputación de Lugo, segundo datos proporcionados pola revista Deportistas no número de xuño-xullo de 2009, aparece como a primeira deputación galega en gasto en materia deportiva por habitante en 2009”. Ademais, “exceptuando os cabildos e as administracións forais, con réxime tributario diferente, sería a 2ª deputación provincial do Estado en gasto deportivo por habitante”. Veiga remarcou o importante apoio que, dende a Deputación, se lle dá a actividade deportiva na provincia, e concretamente na Mariña na que foron atendidas un total de 111 solicitudes por importe de 278.800 euros, das cales 80 corresponderon a clubes e asociacións deportivas cun investimento de 199.500 euros e 31 a solicitudes dos concellos cunha dotación económica de 80.300 euros.

Exit mobile version