Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Barreiros organizou a campaña “Un xoguete, unha ilusión”

No salón de plenos do Concello de Barreiros un dos magos de Oriente, fixo a primeira entrega de agasallos ós nove nenos que participaron na campaña Un xoguete, unha ilusión, que organizou un ano máis o Concello para que ningún cativo quedase sen xoguetes nesta data tan importante para eles. Cada neno recibiu dous regalos. As súas maxestades participarán a partires das sete da tarde na tradicional cabalgata de reis que percorrerá o municipio.

Exit mobile version