Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Xove subvencionou o arranxo de fachadas das vivendas

XOVE .- O Pleno do noso Concello, celebrado o 12 de maio de 2008, aprobou as Bases Reguladoras das subvencións municipais para o remate exterior (lucido de fachadas) de vivendas unifamiliares de máis de cinco anos de antigüidade.

Foron obxecto desta subvención as obras de remate das fachadas (lucido das mesmas). Para este fin, no devandito Pleno acordouse adicar a esta iniciativa unha cantidade de 3.000 €uros, a razón de 300 €uros de subvención por solicitude. Aberto o prazo de solicitude dende o 15 de abril ata o 30 de xuño de 2009, viuse que a cantidade consignada era insuficiente, polo que houbo que suplementar esta cantidade, practicamente dobrala.

En total foron aprobadas 18 solicitudes, a razón de 300 €uros por solicitude, temos que esta iniciativa supúxolle ao noso Concello a cantidade total de 5.400 €uros.

Exit mobile version