Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Lourenzá pide unha escola infantil na visita da secretaria xeral de Familia

LOURENZÁ .- A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, visitou en Lourenzá as instalacións do futuro centro de día e as instalacións do punto de atención á infancia. O goberno de Lourenzá planteoulle a responsable de Familia e Benestar a necesidade de crear unha escola infantil.

Nota de Prensa

Equipo Goberno Concello Lourenzá

Susana López Abella adquire o compromiso de dotar de mobiliario as dependencias que albergarán o futuro centro de día da vila laurentina.

A SECRETARIA XERAL DE FAMILIA E BENESTAR VISITA EN LOURENZÁ  AS INSTALACIÓNS DO FUTURO CENTRO DE DÍA E AS INSTALACIÓNS DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA.

* O equipo de goberno plantexa a necesidade de crear unha escola infantil no municipio de cara ao vindeiro ano 2011 debido ao aumento de natalidade da vila.

Lourenzá, 20 de xaneiro do 2010.- No día de hoxe o equipo de goberno de Lourenzá recibíu no Concello a visita da Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Dona Susana López Abella. O obxectivo deste encontro foi plantexar as prioridades do Concello en materia de Familia e Benestar, que se resumen basicamente en dous ámbitos.

Por unha banda a dotación urxente do equipamento necesario para poñer en funcionamento as instacións do Centro de día, adquirindo o compromiso da Secretaria Xeral de que será unha prioridade do seu departamento en datas próximas, debido a que as obras do edificio se atopan rematadas e paralizadas ata o de agora durante o goberno bipartito.

As continuas chantaxes por non entrar no Consorcio Galego de Servizos por parte do dirixente nacionalista, Anxo Quintana, privaron aos veciños do Concello da posibilidade de facer uso dunhas instalacións xa rematadas, e dun servizo que os obriga a desprazarse a Concellos veciños, como por exemplo o Centro de Día de Abadín ou a Residencia de Ferreira do Valadouro.

Neste ámbito tamén se lle plantexou á Secretaria Xeral a posibilidade de prestar servizos auxiliares dende o propio Centro de Día aos maiores no seu domicilio, tales como achegarlles a comida ao fogar e ofertarlles a posibilidade de facer uso da lavandería.

Por outra banda, o equipo de goberno propuxo a necesidade de crear no municipio unha Escola Infantil, posto que aínda que o PAI foi un servizo pioneiro na zona, as necesidades actuais (repunte da natalidade no Concello así como o uso do centro por parte de pequenos doutros Concellos) requiren a ampliación dos servizos ofertados no mesmo, como pode ser un comedor escolar. Esta proposta foi aceptada de moi bo grao pola representante da Consellería de Traballo e Benestar que o apuntou como unha prioridade de cara ao ano 2011.

Exit mobile version