Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo Scout Esvedro de Cervo celebrou un campamento de Nadal en San Román de Vilastrofe

CERVO .- A pasada fin de semana, o Grupo Scout Esvedro, da Unidade Pastoral de Cervo celebrou o campamento de Nadal, para así dar por rematadas a actividades do Nadal. A acampada tivo lugar nas Escolas de San Román de Vilaestrofe, onde os rapaces aproveitaron ao máximo o tempo da xuntanza. Aínda que houbo algo de choiva, o sábado fixeron unha ruta ata o Monte Castelo, onde comeron e fixeron algún xogo e tamén recolleron materiais para a realización dos talleres, que fixeron xa a volta da ruta. Pola noite houbo un xogo nocturno ” stolkin de estrelas”, onde descubriron os distintos planetas, estrelas e o burato negro. Xa para rematar,despois da ducha e da cea, houbo un pequeno repaso da xeira (curso) scout e xa para a cama.
Ao día seguinte, logo do almorzo, houbo ao longo da mañá, un gran xogo de pistas e de probas. Despois do xantar, tocou recoller e a limpeza, para rematar coa actividade as 4 e media da tarde. Aínda que foi todo moi comprimido e que faltaron algúns dos rapaces todos acabaron ledos e pensando nas vindeiras actividades do grupo.
Dende o grupo ESVEDRO, queren agradecer ó Concello de Cervo a colaboración prestada para a realización da acampada.

Exit mobile version