Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP acusa á deputación de poñer en perigo a seguridade vial por defectos de obra nunha estrada de Xove

Nota de Prensa

O GPPP acusa á Deputación de poñer en perigo a seguridade vial pola súa desidía en subsanar defectos de obra nunha estrada de Xove

* Os populares suliñan que dende o pasado 30 de novembro, data na que o Concelle comunicou por escrito as deficiencias detectadas no vial Beltrán-Portiño de Morás, teñense contabilizado numerosos accidentes

* González Barcia acusou ademais a Manuel Martínez de “acaparar” para “uso e disfrute exclusivo do seu concello” un equipo de rego asfáltico propiedade da Deputación

Xove, a 15 de xaneiro de 2010.- A desidía da Deputación de Lugo á hora de subsanar as deficiencias nas obras acometidas no vial Beltrán-Portiño de Morás, no concello de Xove, están a poñer en perigo a integridade física das persoas que circulan por ela. Proba delo son os numerosos accidentes que se teñen producido nesta estrada a pesar de que a administración provincial ten coñecemento desta situación dende o pasado 30 de novembro, a través dunha notificación remitida polo propio Concello de Xove.

O voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular José María González Barcia, en compaña do rexidor local Demetrio Salgueiro, comprobou hoxe in situ que, pese ó tempo transcurrido, nada se fixo para solventar os problemas existentes nesta estrada que rexistra unha gran densidade de tráfico.

Aínda que o caso de Xove non é único na provincia, dado que en moitos concellos se están a detectar queixas polas deficiencias nas obras acometidas nas estradas de competencia da Deputación, os representantes populares inciden en criticar ó responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, e o propio Presidente José Ramón Gómez Besteiro, por poñer en risco a integridade dos usuarios desta estrada a sabendas do peligro existente “porque as obras de mantemento executadas deixarona aínda peor do que estaba”.

Barcia e Salgueiro consideran inxustificable esta deixadez e lembran que o problema estriba en que á calzada aplicouselle dúas capas de gravilla e unha soa de rego asfáltico. “O Sr. Martínez non empregou eiquí aglomerado en quente pese a que durante a súa etapa como xefe de filas da oposición provincial avogaba polo seu emprego de xeito xeneralizado. Lástima que agora non aplique o que antes con tanto énfase demandaba”, indicaron.

Suliñaron ademais os populares que no POS de 2006 estaba incluido un proxecto para ensanchar e mellorar esta estrada. Un plan que, segundo recalcaron, foi paralizado coa chegada do bipartito a administración provincial. “Se a excusa para retrasar a execución da obra eran a expropiación dos terreos, agora xa non vale, porque o expediente de expropiación xa está rematado. Nada impide á Deputación executar esa obra e si non o fai pronto, perderánse os cartos previstos para ela”, engadiron.

González Barcia acusou ademais a Manuel Martínez de “acaparar” para “uso e disfrute exclusivo do seu concello” un equipo de rego asfáltico propiedade da Deputación, o que, segundo asegurou, obrigou ó Presidente Gómez Besteiro a adquirir un novo equipo para dar servizo ó resto dos municipios da provincia. “Unha mostra máis de que Martínez vai por libre e Besteiro lle deixa facer, aínda que ese proceder supoña un claro agravio comparativo para o resto dos concellos da provincia”, engadiu.

Exit mobile version