Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cuestiona a estratexia que está a seguir o PSOE na Deputación

NOTA DE PRENSA
Os populares lamentan que os socialistas empreguen a Deputación non para cooperar cos concellos e solucionar os problemas dos veciños senón como instrumento de enfrontamento entre distintas administracións
O INSISTE EN QUE A INCAPACIDADE DE XESTIÓN DO ALCALDE DE VIVEIRO ESTÁ DETRÁS DA PRETENSIÓN SOCIALISTA DE IMPOÑER UN DISTINTINTIVO PARA AS PRAIAS MÁIS COSTOSO E MENOS PRESTIXIOSO QUE AS BANDEIRAS AZUIS

* Insisten en explicar que a proposta da Deputación limitábase a financiar os custes inicias para acadar as certificacións pero non os custes das auditorias para renovar estas distinticións que superarían os 6.000 euros por concellos.

A Mariña, 09 de xaneiro de 2010.- O Partido Popular da Mariña insiste na súa sospeita de que a incompetencia e incapacidade do Alcalde de Viveiro para lograr os distintivos de calidade que outorga a Asociación de Consumidores Europeos ADEAC -a “Bandeira Azul”- para as súas praias xustifican o intento dos socialistas na Deputación de impoñer un novo modelo moito máis custoso para os concellos e menos prestixioso como é o distintivo “Q”.

Os populares tamén cuestionan a estratexia que está a seguir o PSOE e que vén de poñer de relevo que esta formación política emprega a Deputación non para cooperar cos concellos e solucionar os problemas dos veciños senón como instrumento de enfrontamento entre administracións

Para xustificar o seu parecer volven a lembrar que a proposta feita polo Presidente da Deputación aos distintos concellos, o pasado mes de outubro nunha visita á Mariña, limitábase a financiar os custes iniciais para acadar estas certificacións de calidade, pero non asumía o financiamento das posteriores auditorías ás que se terán enfrontar anualmente os concellos se queren renovar estas distincións e que virían a supoñer un gasto superior aos 6.000 euros en cada un dos casos.

No Partido Popular lembran que as bandeiras azuis son distintivos que acreditan a calidade e garantías mediambientais dos areais, moitísimo menos gravosos economicamente para os concellos e, e que aínda é máis importante, de maior prestixio, polo seu recoñecemento a nivel europeo.

Exit mobile version