Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que non admiten leccións dos socialistas

NOTA DE PRENSA
Os populares non admiten leccións dos socialistas e dubidan de que poidan achegar algo positivo para a nosa comarca tendo en conta que tiveron oportunidade de facelo nos últimos catro anos e desenvolveron a peor xestión que se recorda da Xunta como acreditaron cos seus votos os mariñáns que apostaron maioritariamente polo cambio de Goberno
O PP LÉMBRALLE A ISMAEL REGO QUE A XUNTA BIPARTITA DEIXOU SEN EXECUTAR O 70% DO ORZAMENTO COMPROMETIDO PARA A MARIÑA

* O deputado socialista permanecía mudo a pasada lexislatura incapaz de realizar unha soa reivindicación ante a Xunta bipartita e de brazos cruzados ante o incremento do paro.

* A mellor política posible de emprego é que o socialista Zapatero, perda o seu – sentenzan desde o PP.

A Mariña, 23 de xaneiro de 2010.- Despois de catro anos nos que o deputado socialista Ismael Rego permanecía mudo, incapaz de realizar unha soa reivindicación ante a Xunta bipartita e de brazos cruzados ante o incremento do paro na nosa comarca, os populares consideran que os socialistas non ten capacidade para dar leccións. De feito lembran que o Goberno bipartito, que contaba coa complicidade e apoio de socialistas e nacionalistas, tivo a oportunidade de facer aquilo que agora reclama e, pola contra, pasará á historia por desenvolver a peor xestión que se recorda da Xunta, tal e como acreditaron cos seus votos os mariñáns, que apostaron maioritariamente por un cambio de Goberno.

“Estes señores deixaron á Mariña cun 60% menos de orzamento que o que atoparon cando en 2005 accederon ao Executivo autonómico. Polo tanto moitos veciños se preguntan con toda razón que é o que aportou o PSOE e Ismael Rego de positivo para A Mariña, porque nin se coñece, nin se pode coñecer porque non hai nada”

Os populares amósanse sorprendidos de que desde o PSOE se estea a falar do grado de execución orzamentaria pois lémbralles que a Xunta bipartita deixou de executar máis do 70% do orzamento comprometido para A Mariña, convertendo a unha das comarcas máis puxantes da nosa provincia e do conxunto do país, nun espazo obxecto de marxinación e esquecemento por parte do bipartito. A diferenza do Goberno dos socialistas e nacionalistas, o novo Executivo que lidera Alberto Núñez Feijóo cumprirá co comprometido e executará o orzamento que ten deseñado. Así por exemplo sinalan que o primeiro treito do corredor, entre San Ciprián e Celeiro, foi adxudicado por un Goberno do PP, despois de catro anos nos que o PSOE non foi quen de executar un só quilómetro.

ZAPATERO=PARO

En materia de emprego, os populares tampouco aceptan leccións dos socialistas. Máis que nada porque o lider do PSOE lucense, Ricardo Varela, pasará á historia como o conselleiro do paro. No PP sinalan que as políticas activas de emprego e de apoio ás empresas lucenses, gravemente afectadas pola crise económica tal mal xestionada polos socialistas, xa están en marcha e que os seus efectos poderán verse pronto. Sinalan tamén que gran parte dos postos de traballo que se están a ofertar nos concellos son grazas ás sudvencións da Xunta, que o IGAPE está colaborando no financiamento de múltiples empresas da nosa comarca que antes non podían acceder a ningún tipo de axuda, e as estratexias de fomento do solo industrial e de promoción de novas infraestruturas e servizos que elaborou o novo Executivo autonómico contribuirán a xerar emprego na nosa comarca.

En todo caso, os populares están totalmente convencidos nunha idea que cada vez compartes máis veciños: a mellor política de emprego que se pode seguir é que o socialista Zapatero perda o seu,. Os populares sitúan sen espazo para a dúbida as erradas políticas do Goberno socialista central, como os principais obstáculos para superar a alza do paro e lembran que non é casual que todos as administracións socialistas rematen por levar aos españois á crise, tal e como demostra a historia, tal e como aconteceu con Felipe González no 1992 e con Jose Luis Rodríguez Zapatero neste momento.

Exit mobile version