Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que non hai políticas de emprego da Deputación

NOTA DE PRENSA
O GPPP denuncia o desinterese do bipartito provincial polas políticas de emprego

* González Barcia asegura que o Inludes destina a “gasto diverso” nove de cada cen euros do seu orzamento

* Os populares acusan a Besteiro de usar os fondos europeos para autobombo e propaganda

Lugo, a 4 de xaneiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegurou hoxe que o bipartito provincial tén un manifesto desinterese polas políticas activas de emprego, xa que a contía que destina ó Pacto Provincial polo Emprego para premios, becas e pensións de estudantes e investigadores é de 295.000’00€, de un total de 1.250.000’00€ que se adicará no orzamento do 2010 ó indicado pacto, o que supón o 23’6 por cento.

O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, indicou que esa contía é claramente insuficiente, máis ainda despois de comprobar como deses 1.250.000’00€ se destina o 38%, é decir, 475.000’00€, a “outros gastos diversos”, “que seguramente”, segundo dixo, “se usarán para o que se acostuma a facer con esa partida desde a Deputación: despilfarrar cartos de todos para autobombo e propaganda”.

Para Barcia, resulta increíble que coa situación de crise que se está a vivir o bipartito provincial non sexa capaz de aproveitar o máximo posible os fondos destinados ó Plano Provincial Polo Emprego.

O voceiro adxunto dos populares tamén indicou que o seu grupo considera escasa a cifra de 463.000’00€ que o Inludes adica a subvencións para o fomento do emprego, o 3’3% do total do orzamento deste organismo para 2010, que ascende a 14.007.000’00€. “Haberá que ver as bases, pero todo indica que estaremos ante unha situación similar á de 2008, no que un 25 por cento das empresas e autónomos solicitantes das axudas renunciaron a elas por escasas e polo excesivo e costoso procedemento administrativo que teñen que cumplir para xustificar as aportacións”, indicou González Barcia.

Barcia tamén dixo que “estas axudas son unha burla cando constatamos que se programan ‘gastos diversos’ do Inludes por 1.218.000’00€, ou sexa, o 8’70% do total do seu presuposto, e que supón case o triple do que se adica a subvencións para a creación de emprego”.

O voceiro adxunto dos populares suliñou que cáseque nove de cada cen euros que manexará este ano o Inludes despilfarrarase en autobombo e propaganda, en gasto improductivo: “moitos cartos tendo presente a situación que estamos a vivir, e que a maioría deles poderían destinarse realmente ó seu fin, apoiar e vertebrar o tecido socioeconómico da provincia”.

Exit mobile version