Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere que o PSOE lle pida desculpas por acusalo de conspirar en Lourenzá

Nota de Prensa

Balseiro emplaza a Lago Lage a que pida disculpas ó  PP por acusalo de conspirar no caso da edila de Lourenzá á que falsificaron a súa firma

Lugo, a 29 de xaneiro de 2010.- O Partido Popular emplaza ó Secretario xeral dos socialistas lucenses Ricardo Varela a que rectifique as acusacións que no seu día fixo o seu antecesor no cargo, Luis Ágel Lago Lage, nas que atribuía a denuncia da edil de Lourenzá, á que falsificaron a súa firma de renuncia, a unha maniobra de conspiración do Partido Popular, responsabilizando incluso directamente delo o presidente provincial José Manuel Barreiro.

O Secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Basleiro suliñou que “os feitos demostran agora que estas afirmacións eran totalmente falsas e polo tanto esiximos unha rectificación pública do dirixente socialista e que dende esta formación política pidan desculpas públicas ó Partido Popular e en particular ó seu presidente”.

Para Balseiro Orol o acontecido con esta cuestión e despois de que a Fiscalía teña previsto pedir unha pena de tres anos e tres meses de prisión e seis anos de inhabilitación para o desempeño de cargo público o voceiro do PSOE en Lourenza por estes feitos, pon de relevo as malas artes que empregan os socialistas cando teñen que enfrontarse a problemas internos derivados da súa desorganización. Pon de manifesto asimesmo, na súa opinión, a falta de escrúpulos dos socialistas que se adican a “emporcar a actividade política con acusacións que non teñen nin pes nin cabeza e que responden única e exclusivamente a desviar a atencións sobre ós seus propios problemas internos”.

Para os populares Ricardo Varela tamén debe aclarar se el estaba ó corrente do que estaba a pasar no concello de Lourenzá.

Exit mobile version