Site icon Crónica3.com A Mariña

As listas de espera no Hospital da Costa son bastante máis elevadas que as publicadas pola Xunta, afirma o PSOE

NOTA DE PRENSA
REGO DENUNCIA QUE AS LISTAS DE ESPERA NO HOSPITAL DA COSTA SON BASTANTE MAIS ELEVADAS DAS QUE PUBLICOU A XUNTA

-O deputado socialista atribúe esta penosa situación a estratexia de descapitalizacion do Hospital da costa, por parte do goberno presidido por Feijoo, dende o primeiro momento

-Rego anunciou a presentación dunha iniciativa de impulso co obxectivo de que sexa votada no Parlamento, onde se insta ao Goberno Galego para que de xeito inmediato habilite tódolos recursos e medios precisos para corrixir a situación pola que atravesa o centro hospitalario

– Afirma que “tódalas propostas mediaticas que fixo o PP, sobre o Hospital, na pasada lexislatura e compromisos electorais están sendo reiteradamente incumpridos”

Santiago , 27 de xaneiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego denunciou hoxe que as listas de espera do Hospital da Costa son bastante mais elevadas das que publicou a Xunta, xa que advirte que non se contemplaron os pacientes que están en espera para ser incluídos nas listas. Lembra ademais que para as consultas de cardioloxía e traumatoloxía non se da cita, nin con volante normal, nin con preferente.

Rego subliña que este alarmante incremento confirman os peores augurios das súas denuncias nos últimos tempos. O deputado socialista atribúe esta penosa situación a estratexia de descapitalizacion do Hospital da costa, por parte do goberno presidido por Feijoo, dende o primeiro momento.

Ademais insistiu nas súas criticas á xestión do PP. Acusou a Xunta de paralizar as inversións previstas no Hospital con cargo aos presupostos do 2009, por mais de 1 millón de euros, e tamén a reiterada das peonadas para facer fronte as listas de espera, e o archivo nun caixón, do Plan Funcional que deixou redactado o anterior Goberno, para a imprescindible ampliación do centro hospitalario.

O deputado socialista anunciou a presentación dunha iniciativa de impulso co obxectivo de que sexa votada no Parlamento, onde se insta ao Goberno Galego para que de xeito inmediato habilite tódolos recursos e medios precisos para corrixir a situación pola que atravesa o centro hospitalario. Algo que xa esta a ter consecuencias graves para os pacientes, así como para aposta en marcha do Plan Director para a ampliación do Centro, en liña coas previsións recollidas no Plan Funcional ,e elaborado polo anterior goberno segundo o acordado por tódolos grupos parlamentarios, na Comisión 5ª do Parlamento na pasada lexislatura.

Rego cualifica coma “un fraude” tanto do Goberno do PP como de Feijoo á confianza que lle outorgaron aos cidadáns, o seu comportamento con respecto ao hospital de costa. Afirma que “tódalas propostas mediaticas que fixo o PP na pasada lexislatura e compromisos electorais están sendo reiteradamente incumpridos”.

Por último denuncia a estratexia da Consellería de Sanidade sobre a desmotivacion do persoal destes centros, co único fin de promover o seu abandono e centralizar así a asistencia especializada en hospitais centrais de referencia e na propia sanidade privada”

Exit mobile version