Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pide explicacións no Parlamento pola mala previsión do temporal

Nota de Prensa

OS SOCIALISTAS RECLAMAN, EXPLICACIÓNS, NO PARLAMENTO, POLA MALA PREVISIÓN DO TEMPORAL

-Presentan iniciativas para a Consellería de Medio Ambiente, Pesca e Administración Local nas que denuncian “deixadez do Goberno de Feijoo” , e solicitan “unha avaliación do sinistro e axudas para os afectados”

Santiago, 15 de xaneiro do 2010. O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou diversas iniciativas na, Cámara Autonómica, nas que reclama explicacións “pola mala previsión do temporal”, do pasado día 14 de xaneiro.

Presentan iniciativas para a Consellería de Medio Ambiente, Pesca e Administración Local nas que denuncian “deixadez do Goberno de Feijoo” , solicitan “unha avaliación do sinistro e axudas para os afectados”

A portavoz de Medio Ambiente, Camen Gallego, sinala que ningún departamento da Xunta de Galicia deu aviso deste fenómeno meteorolóxico que xa se ten bautizado como “Flora” e polo tanto, non se alertou nin a poboación nin ós concellos para que puideran previr os efectos do mesmo. Denuncia que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é a responsable de MeteoGalicia e de outros organismos como Augas de Galicia, Empresa Pública de Obras Hidráulicas, etc. que deberían ter actuado diante deste temporal.

Gallego di que a falla de previsión desta Consellería en concreto, pola súa responsabilidade de subministrar os partes meteorolóxicos ó resto do Goberno e á poboación en xeral provocou a inexistencia de medidas preventivas por parte do conxunto da poboación e dos concellos en toda Galicia.

A deputada socialista quere saber, entre outras cousas, que tipo de axudas se van establecer para reparar estes danos e como se van a reparar os danos causados no ámbito das competencias desta Consellería.

Na mesma liña se posiciona a Portavoz de Administración Local do Grupo Socialista Beatriz Sestayo, quen denuncia que coa chegada de Núñez Feijoo áo fronte do Goberno supuxo unha volta á despreocupación en materia de seguridade cidadá. A Lei de emerxencias aprobada no Parlamento galego resulta incumprida, ben de forma deliberada ben por neglixencia, polo Goberno da dereita. E cualifica de “escurantista” a súa política de en materia de emerxencias.

Sestayo pregunta, entre outras cousas, polas medidas correctoras que adoptará o Goberno galego para que os feitos relatados non volvan suceder, e que responsabilidades políticas se van asumir polo caos producido na seguridade cidadán.

Axudas para os mariñeiros e armadores

A portavoz de Pesca Marisol Soneira tamén rexistrou, unha Proposición Non de Lei, na que reclama para os traballadores do mar que se dobren as partidas para o seguro de mal tempo, e que se habilite axuda e apoio financeiro para os armadores e os mariñeiros.

Exit mobile version