Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo imparte tres obradoiros durante o mes de xaneiro

RIBADEO .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Ribadeo, anuncia máis actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que teñen e terán lugar neste mes de xaneiro en Ribadeo.

Vanse desenvolver tres obradoiros. Iniciación a internet: con este obradoiro os/as usuarios/as serán capaces de manexar de forma básica, aplicación e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede internet. Estase a realizar dende o 11 ao 19 de xaneiro en horario de mañá de 11 a 12 horas. Xestión de calendarios: con este obradoiro os/as usuarios/as serán capaces de crear, modificar e imprimir un calendario. Dirixidos á poboación en xeral do Concello de Ribadeo, levaranse a cabo dous obradoiros, do 20 ao 28 de xaneiro; un en horario de mañá de 11 a 12 e outro en quenda de tarde de 19 a 20 horas. Este obradoiro tamén se desenvolverá todos os venres ata o 29 de xaneiro cos membros da asociación A Mariña de Ribadeo, en horario de 11 a 12.

Para inscribirse no obradoiro de Xestión de calendarios está aberto o prazo ata o 19 de xaneiro. E para solicitar máis información sobre as actividades do telecentro os interesados poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ribadeo, sito na rúa Antonio Otero, 15, 2º andar, chamar ao teléfono 982.120.732 ou mandar un correo electrónico ao enderezo telecentroribadeo@gmail.com

Exit mobile version