Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vicedo, Foz, Burela, Viveiro e Ribadeo avanzan para acadar a certificación medioambiental ISO-14.001

A MARIÑA .-  O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a vicepresidenta segunda, Lara Méndez, manterán un encontro cos alcaldes de O Vicedo, Foz, Burela, Viveiro, e Ribadeo para avanzar na certificación medioambiental das praias. A xuntanza terá lugar o na Casa da Cultura de O Vicedo.

Nota de Prensa

Gómez Besteiro reúnese cos Alcaldes da Mariña para avanzar na certificación medioambiental das praias

A Vicepresidenta Segunda do organismo provincial adianta que o encontro terá lugar o vindeiro xoves na Casa da Cultura de O Vicedo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, manterán un encontro cos Alcaldes da Mariña para avanzar na certificación medioambiental das praias. Lara Méndez adiantou que a xuntanza terá lugar o vindeiro xoves na Casa da Cultura de O Vicedo ás 10:00 horas.

A Vicepresidenta Segunda do organismo provincial subliñou que na reunión, a que asistirán os rexidores de O Vicedo, Foz, Burela, Viveiro, e Ribadeo, os 5 Concellos que se adheriron a iniciativa da Deputación, Gómez Besteiro dará conta dun estudo sobre a situación dos areais que optan á certificación medioambiental.

Trátase dunha diagnose que vén de realizar o organismo provincial, e na que se analizou o estado das augas e os areias de máis de 40 praias. É o primeiro paso do proceso de certificación medioambiental no que está a traballar a Deputación dentro da súa aposta polo medioambiente como unha oportunidade económica.

Lara Méndez destacou que cada mes o Presidente do organismo provincial e os 5 Alcaldes da Mariña manterán de forma conxunta unha nova reunión nun dos seus Concellos para a posta en marcha da certificación medioambiental ISO 14.001 antes do verán. “É un distintivo co que a lograremos praias de auténtica calidade ao garantir o cumprimento do regulamento máis esixente e prestixioso da Unión Europea, o EMAS” indicou.

A ISO 14.001, a diferenza da bandeira azul, ou a Q de calidade, acredita unha mellora constante dos areais ao rexirse polas leis medioambientais comunitarias.

Exit mobile version