Site icon Crónica3.com A Mariña

Socios de ACISA e CCA poderán facer un curso gratuíto de inglés na escola de idiomas

RIBADEO .-. Os socios de ACISA/CCA poderán realizar en datas próximas un curso gratuíto de inglés de 30 horas de duración. Será impartido na Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo os martes de cinco a sete da tarde. A inscrición está aberta ata o próximo 5 de febreiro. Os interesados deben dirixirse ás oficinas de ACISA/CCA situadas na Avenida de Galicia, 21-23, 1ºJ ou chamando ao teléfono 982 120 565. Segundo explica a xerente do CCA, Beatriz Irigoyen, “trátase dunha proposta da Dirección Xeral de Comercio da Xunta que nos parece moi interesante. Ademais temos que dicirlles aos nosos socios que é totalmente gratuíto”.

Convenio para a formación de traballadores

Ademais ACISA/CCA acaba de asinar un convenio para a formación de traballadores e empresarios coa empresa ACEGA FORMACIÓN CONTINÚA, S.L. O acordo alcanzado garante descontos para a formación, o acceso á formación subvencionada a través da FUNDACIÓN TRIPARTITA, ademais de asesoramento personalizado con expertos en materia de formación.

Exit mobile version