Site icon Crónica3.com A Mariña

Pais apoiando os fillos contra os profesores

Unha das grandes verdades encol da convivencia esta, día a día sendo mais esquecida nesta sociedade nosa. Os pais somos os primeiros educadores. Despois está a escola que ten unha responsabilidade delegada e o Estado, Xunta, neste caso que é subsidiario. Os fillos non están a maior parte do tempo coa familia, senón cos profesores no centro educativo. De aí que educar en valores é un compromiso de todos, porque todos temos o compromiso de formar a estes homes e mulleres do futuro. Toda a sociedade é responsable dos mozos que van constituír o futuro dun país.

Xa sei que o de valores ás veces queda como unha entelequia, como algo abstracto, seria mellor falar de virtudes, porque a virtude quere dicir hábitos, e hábitos son repetición de actos. Por exemplo, na orde, en pedir desculpas, en saber perdoar, en saber escoitar, o respecto ao traballo dos demais, o respecto ao ben alleo… Eu que xa non son pai de nenos nin rapaces, si avó , percibo que temos unha sociedade moi permisiva, onde prima o todo vale, non hai límites para nada, e eu creo que eses hábitos son fundamentais. Os nenos teñen que decatarse que as cousas da vida que realmente merecen a pena necesitan esforzo, traballo e laboriosidade.

Son educador consorte e pai de educadora, e cada dia comparto feitos, decepcións e mal estar encol do comportamento dos rapaces e o apoio a mesma dos pais(falta de autoridade-respecto), e aquí está, creo eu a quid da cuestión. É fundamental unha relación transversal e moi estreita entre os pais e os profesores. Os pais teñen que devolver o prestixio e a autoridade aos profesores. O profesor está para axudar ao seu fillo, para continuar coa educación que lle dás na casa.

Os pais terían que ser o principal exemplo. Educar é difícil e duro. Cada vez hai máis violencia de xénero, máis fillos contra pais, adolescentes contra profesores, porque se perdeu o respecto. Hai que pór uns límites, un control. Falta, quizabes entender a familia como unha empresa, e como calquera empresa tes que controlar o que entra e o que sae, e tes que facer un balance.

Exit mobile version