Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP o paro é un grave problema en Burela

NOTA DE PRENSA
Os populares afirman que os datos confirman que o paro é un grave problema en Burela.

A política de Zapatero tradúcese en pasar de 484 a 608 parados nun ano, e en aumentar no mesmo período o paro xuvenil nun cincuenta por cento.

O PP considera que os datos corroboran o parón do consumo en Burela.

O PP de Burela afirmou hoxe que os datos referidos ó ano 2009 confirman que o paro é un serio problema para Burela, xa que en termos absolutos pasouse de 484 persoas en paro, rexistradas a 31 de Decembro de 2008, a 608 rexistradas a 31 de Decembro de 2009, o que significa un incremento en termos absolutos de 122 parados máis, e un incremento porcentual de algo máis dun vinte e cinco por cento.

Os datos do concello de Burela poñen en evidencia a política económica de Zapatero, único responsable da crise económica que está a vivir España. Desglosando os datos polo miúdo, o paro no sector primario (fundamentalmente pesqueiro en Burela) foi o único que baixou, ó pasar de 51 rexistrados a 40, xunto co número de demandantes de primeiro emprego (de 102 a 76). Pero nos demais sectores sube, especialmente na construcción, de 55 a 92, e no sector servicios, que pasa nun ano de 249 a 357. Entre estes dous sectores, consturcción e servicios, concentran o 74% do total de parados do concello. O sector industrial pasa de 27 parados, a 31 de Decembro de 2008, a 43 a 31 de Decembro de 2009.

Un dato relevante é o peso da poboación menor de 25 anos dentro dos datos globais do paro en Burela. Se en decembro de 2008 a cifra era de 56, esta aumentou xustamente o cincuenta por cento, xa que se sitúa a 31 de Decembro de 2009 en 84 parados de menos de vintecinco anos.

Pola contra, o incremento porcentual do paro é superior entre os homes, 32% entre os homes frente ó 21% entre as mulleres.

As conclusións que se extraen son contundentes. Por un lado, a política económica de Zapatero está castigando duramente um concello, Burela, caracterizado desde sempre polo seu potencial económico. E o peor está por vir: só un apunte neste senso, e é que o aumento de Novembro a Decembro de 2009 foi de 27 parados máis, ou sexa, un 4’65%, ó pasar de 581 a 608. En Galicia o incremento mensual foi do 2’77% e na província o 1’92%.

Por outro lado, desde o Concello deben artellarse medidas para axudarlles ás famílias con grave risco de exclusión social e económica a paliar os efectos da crise económica. Desde o GMPP, no seu día, apoiamos a conxelación de impostos municipais para 2010, pero esto cremos que non é suficiente. O concello debe establecer liñas de actuación que xiren sobre as axudas ás familias con membros das mesmas en situación de desemprego. Loxicamente, as axudas haberá que establecelas en réxime competitivo, e os cartos hai que sacalos das partidas de gastos diversos que tan alegremente está a despilfarrar o bipartito burelés, que gasta no que non debe gastar, en vez de axudar ós cidadáns máis desfavorecidos.

Para os populares, resulta evidente que o bipartito non quere ver o problema, e eso que o PP xa advirteu desta situación a finais de 2008, cando pideu o establecemento de dúas liñas de axuda, a familias con membros desempregados e a empresas. Ningunha desas peticións se atendeu, e pola contra seguen gastando sen control. Máis chocante resulta a postura do alcalde, que antes negaba a crise, logo dixo que a subida do IVA non se ía notar, e agora ainda non sabemos cales son as súas liñas maestras de cara ós presupostos do presente ano 2010 nin en materia de axuda a este tipo de familias, nin noutros campos de fomento da actividade econômica.

O PP demandará que nos presupostos do concello se inclúan partidas específicas para estas liñas de actuación.

Exit mobile version