Site icon Crónica3.com A Mariña

Persoal do concello de Burela limpa lodo e árbores que chegaron as rúas ao desbordarse o río dos Matos

BURELA .- O persoal de Obras e Servizos do Concello de Burela traballa para limpar o lodo e as árbores que chegaron a algunhas rúas despois do desbordamento do río dos Matos. O alcalde asegura que a situación váise normalizando pouco a pouco tras as intensas chuvias da fin de semana.

Alfredo Llano contou que “as chuvias da pasada fin de semana ocasionaron unha acumulación de auga de tal magnitude que o río dos Matos arrastrou árbores, lodos, ramas… creou pequenos encoros que se foron desbordando e foron barrendo todo o que atopaban ao seu paso desde máis aló da variante cara o Monte Castelo ata ir parar á rúa dos colexios. Alí enfrente da gardería estaba intransitable pola cantidade de lodos acumulados e que estamos a retirar, tamén a rúa Mestre Don Camilo resultou afectada por eses lodos e ademáis chegou tamén unha grande cantidade de auga ao lado da vía do tren máis ou menos á altura da saída de Burela onde se están a realizar as obras de acceso ao porto. Chegou a acumularse tal cantidade de auga que se viu paralizado o servizo de tren ata que xa se puido recuperar”.

O rexedor explicou que “estamos con máquinas tentando sacar os árbores e as ramas que se acumularon neste río dos Matos, que habitualmente baixa case sen auga e aparentemente é totalmente inofensivo. Nesta ocasión chegou a desbordar de tal xeito que parece imposible que a cantidade de auga que caeu producira o que produciu. Agora mesmo segue a traballar o persoal de Obras e Servizos do Concello para tentar de limpar todo canto antes”.

Llano engadiu que “chegaron cantidade de ramas e de lodos ao encoro de Rúa que revolveu toda a auga alí almacenada. Eso provocou que a auga chegase moi sucia á ETAP de Burela e case houbo que parar de surtir os depósitos. Fóise clarexando pouco a pouco a un ritmo moi baixo e incluso chegou algo turbia ás vivendas, ainda que eso non quere decir que non fose potable. Agora todo está prácticamente normalizado, salvo algunha zona ou algún momento puntual. De todos os xeitos hai que lembrarlle á poboación que en casos coma éste é mellor que se racionalice o consumo para que os depósitos se vaian recuperando e así poder contar sempre con auga potable”.

O alcalde destacou que “afortunadamente non houbo que lamentar desgracias persoais nin cuantiosos danos materiais”.

Exit mobile version