Site icon Crónica3.com A Mariña

Programa do Proxecto de Innovación Lingüística I.E.S. Perdouro e o Concello de Burela

BURELA .- Programa de actividades que dende o I.E.S. Perdouro e o Concello de Burela  van ter lugar durante esta semana para continuar co desenvolvemento do Proxecto de Innovación Lingüística.

Nota de Prensa
HOXE, MARTES 26 DE XANEIRO DE 2010

PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGA A DEBATE EN MADRID

Ciclo de cinema da U. Complutense ábrese con Modelo Burela

Auspiciado pola Asociación Memoria Social Democrática (AMESDE) coa colaboración da Universidade Complutense, vaise celebrar en Madrid o ciclo de cinema “Documentais e Curtas sobre  a Memoria”.

O inicio das proxeccións, a realizar no Salón de Actos da Biblioteca Marqués de Valdecillas (Noviciado, 3), está axendado para as 18:30 horas do día 26 (martes) e contará coa presenza do Reitor da Universidade Complutense, o profesor Carlos Berzosa.

A seguir, na estrea do ciclo haberá presenza galega co documentario Modelo Burela de Matias Nicieza, que recolle en 52 entrevistas unha panorámica do proceso de implementación do proxecto de planificación lingüística aprobado polo Concello de Burela. Unha vez finalizada a proxección, abrirase un coloquio centrado na situación actual da política lingüística en Galiza. No mesmo participarán o director da fita, Matias Nicieza, e Bernardo Penabade, coordenador do Modelo Aglutinante de Planificación Lingüística (Modelo Burela).

Mañá, Mércores 27 de Xaneiro de 2010

Posta en común do Proxecto de Innovación Lingüística do I.E.S. Perdouro con dúas representantes de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. No programa preparado para esta visita que se achega noutro arquivo mostrarémoslles algunhas das actividades xa feitas en anos anteriores e entregarémoslles material tanto audiovisual como escrito do Proxecto. Será o primeiro contacto entre os dous Concellos para compartir e

Sábado, 30 de Xaneiro de 2010

XORNADA  FORMATIVA  PARA O PROFESORADO ENCARGADO DO DESENVOLVEMENTO DOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA PREMIADOS.

Lugar: IES As Fontiñas, Santiago de Compostela

PROGRAMA

10:00- 10:20h

Recepción e entrega de material

Apertura da xornada polas autoridades correspondentes

10:20- 11:00h

A dinamización lingüística nos centros de ensino. Estratexias básicas do dinamizador.

Anxo M. Lorenzo Suárez

11:00- 12:00h

Competencia en comunicación lingüística e innovación

Felipe Zayas

(Catedrático de Educación secundaria. Profesor de Lingua castelá e Literatura no IES Isabel de Villena, de Valencia)

12:00- 12:30h

Pausa e almorzo

12:30-14:00h

Competencia en comunicación lingüística e competencia dixital

Felipe Zayas

(Catedrático de Educación secundaria. Profesor de Lingua castelá e Literatura no IES Isabel de Villena, de Valencia)

16:00- 19:00h

Presentación dos 11 proxectos premiados e das medidas que xa se están levando a cabo en cada un dos centros ( 10´ proxecto).

————-

MÉRCORES, 27 DE XANEIRO DE 2010

PROGRAMACIÓN  “PROXECTO BERBÉS”

(O nome de “Proxecto Berbés” ocorréusenos porque hai algo que nos une: O MAR. E dase a casualidade de que tanto unha parte do porto de Burela como o de Vigo reciben o nome de Berbés)

10:00-11:15: Visita ao cemiterio parroquial coa presenza do cura párroco Don Ramón Marful e do profesor de Relixión do I.E.S. Perdouro, Antón Niñe.

11:15-11:45: Recepción no I.E.S. Perdouro.

Acto de benvida no que interviremos brevemente Juan Sama (Director do I.E.S.), Marta Souto, a Concelleira de Normalización Lingüística de Burela e a Coordinadora do Proxecto de Innovación Lingüística do I.E.S Perdouro.

Neste acto farémoslles a entrega das diferentes memorias audiovisuais e escritas feitas ao longo destes anos que levamos traballando no Proxecto.

11:45-12:35: Bernardo Penabade exporá a metodoloxía de traballo que se seguiu e                        que se está a seguir para facer o Proxecto.

12:35- 13:30: Visita á Escola Infantil de Burela, unha das  máis antigas de Galicia e que leva aplicando o Modelo Burela dende os seus inicios, agora feito realidade e dado a coñecer polo noso Proxecto.

14: 00: Recepción no Concello.

14:30- 16:30: Comida no restaurante Miranda onde poderemos entrar no mundo do deseño da man de Xosé Miranda e no mundo audiovisual con Matías Nicieza, productor do Modelo Burela.

Exit mobile version