Site icon Crónica3.com A Mariña

Reclama o PP de Cervo que a deputación realice o mantemento da estra de Riocobo a San Cibrao

NOTA DE PRENSA:
O mal estado da vía, que presenta múltiples fochancas e espazos cun gran deterioro do asfalto, está a provocar a queixa de moitos veciños que diariamente transitan por ela
O PP DI QUE A DEPUTACIÓN NON REALIZA O MANTEMENTO BÁSICO NA ESTRADA RIOCOBO SAN CIPRIAN E ESIXE A SÚA REPARACIÓN

* “Parece mentira que pese a ter a dous concelleiros da oposición con responsabilidades de goberno no Ente provincial, non se estean a preocupar de garantir un mantemento básico das estradas da súa competencia en Cervo”.

* A estrada Rio Cobo – San Ciprián é a principal vía de conexión desta localidade co resto do concello e coa nacional 642, e nela está situada a zona escolar.

A Mariña, 16 de xaneiro de 2010.- O Partido Popular de Cervo vén de denunciar que a Deputación provincial non está a realizar as labores de mantemento básico na estrada que une a urbanización Rio Cobo con San Ciprián. Esta vía, de titularidade provincial, presenta un moi mal estado como consecuencia das múltiples fochancas e do notable deterioro do asfalto e está a provocar continuas queixas dun gran número de veciños que diariamente transitan por ela e da que os populares queren facerse eco.

Non debemos esquecer que se trata dunha das vías de conexión principais coa localidade de San Ciprián, e un ramal que empregan con moita asiduidade vehículos procedentes de Burela ou de Viveiro, ou do resto do termo municipal, pois representa o principal acceso desde a estrada nacional 642. Cómpre salientar tamén que neste espazo se atopa o colexio de San Ciprián e, polo tanto, por ela transitan a diario os autobuses o os vehículos das nais, pais e profesores que se achegan ata a zona escolar deste pobo.

Ningunha destas razóns parecen ter suficiente importancia para a Deputación provincial que, tal e como se pode comprobar, ao longo dos últimos anos mantén esquecida esta vía. Os populares cervenses din que esta falta de atención das estradas por parte da Deputación é unha característica que comparten moitas das vías provinciais que transcorren polo municipio e se preguntan cómo é posible que tendo a dous concelleiros da oposición cervense realizando tarefas de responsabilidade no Goberno provincial (Lara Méndez e Xoán Antón Estua) non se preocupen por garantir nin o mantemento básico das estradas da súa competencia. Neste sentido urxen á inmediata corrección das deficiencias detectadas.

Exit mobile version