Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo convoca unha praza de técnico en lingua e cultura

O Concello de Ribadeo convoca unha praza de técnico de lingua e cultura. O contrato realizarase pola modalidade de obra ou servizo determinado a tempo completo e por un prazo inicialmente ata o 31 de decembro de 2010. Entre os requisitos específicos que se esixen figura estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega. O prazo de presentación da documentación no rexistro de entradas do Concello remata ás 14 horas do vindeiro 22 de xaneiro. A proba de selección terá lugar o día 26 deste mes ás 17 horas na Casa do Concello.

Exit mobile version