Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP de Burela a Xunta aportou fondos para contratar recentemente quince persoas

Nota de Prensa

Os populares lembran que a Xunta aportou fondos para contratar recentemente quince persoas.

O PP di que moitos traballadores non accederon aos 400 euros por non ter o nivel de renta esixido por Zapatero, pero Nieves Cando si.

Afirman que Cando ten duas caras e da unha boa portavoz do PSOE.

O PP de Burela afirmou hoxe que Nieves Cando mantén dúas caras cando fala do paro, porque esquece cuestións fundamentais que todos os cidadáns ven e perciben. Por unha parte, critica ó PP e á Xunta, e por outra esquece que foi a Xunta, e non o goberno de Zapatero, quen concedeu subvencións ao Concello para a contratación de quince persoas por un período de seis meses, que están agora traballando, ademais do GMIR e dos socorristas (ainda lembramos cando a princípios de Xuño de 2009 o alcalde e ela berreaban para  que rapidamente se enviaran desde a Xunta os GMIR e os socorristas, chega a comunicacion para o dia seguinte, e tardan mais de un mes en contratalos: toda unha mostra de eficacia. Por certo, o alcalde non dixo nada de onde viña a subvencion cando contrataron a estas quince persoas, nun alarde de cinismo e hipocresia). Pero por outro lado, Nieves Cando esquece que o problema do paro é un problema xenerado polo Goberno socialista de Zapatero, porque é quen tén que marcar as directrices da política económica do Estado; problema no que ten culpa directa o BNG por apoiar ano si e ano tamen os presupostos xerais do Estado do goberno Zapatero. Esto o ve todo o mundo menos ela. Non hai que esquecer que o paro en España sitúase no entorno do vinte por cento, cando en Galicia ese porcentaxe é do dezasete por cento.

Se é certo que todas as administracións están implicadas na súa solución, desde logo o concello fai moi pouco ou nada, solamente pillar as subvencions que manda a Xunta. Nieves Cando non di a verdade cando di que ao PP solamente se lle ocurre a presentacion de esta medida. Esquece deliberadamente que xa hai ano e medio que propuñemos duas liñas de axuda, de douscentos cincuenta mil euros cada unha, a famílias en risco de exclusion social e/ou economica, e a empresas para a contencion do paro. E ela, xunto co PSOE, votou en contra, pero non unha vez, senon duas. Eso si, os cincocentos mil euros gastounos em gasto diverso, e en propaganda e autombo, porque as axudas dos libros por exemplo ainda non se pagaron. Polo tanto, non sabemos se ela ten a cara dura, pero o certo e que ten duas caras, porque tamen esquece que os seus colegas de bipartito xunteiro deixaron un burato de mil cincocentos millons de euros.

Por ultimo, citar o dos catrocentos euros significa que por riba Nieves Cando engana aos cidadans e rise deles. Ela si que cobrou os catrocentos euros, porque tem suficiente nível de renta; pero que mire, sen ir mais lonxe, as nominas dos traballadores do concello para ver quenes non puideron cobrar os catrocentos euros porque non teñen o nivel de renta que no seu dia fixou Zapatero para poder optar a eles, por certo, co apoio do BNG.

En definitiva, que Nieves Cando se adica a facer oposicion cando tiña que estar gobernando, eso si, cos cartos que todos lle pagamos, e que desde logo, tendo en conta o que di, a este paso seguro que da unha boa portavoz do PSOE.

Exit mobile version