Site icon Crónica3.com A Mariña

Sorteo de vales da campaña da Nadal da Delegación de Comercio, Industria e Turismo de Burela

BURELA (FNC) .- Celebrouse no salón de plenos do Concello de Burela o sorteo dos vales da campaña da Nadal que organizou a Delegación de Comercio, Industria e Turismo.

Os afortunados foron: Mª Jesús Basanta Quelle, por unha compra realizada en Ferretería Maximiliano; Mª Concepción Repiso Fuentes, por unha compra feita en Los Telares e Raquel Urbano López, que mercou en Floky. Cada un recibirá un vale de 1.000 euros para consumir no comercio de Burela antes do vindeiro 28 de febreiro. Non poderán realizar compras superiores a 500 euros nun mesmo establecemento comercial.

Por outra banda, Carlos Andrade Rodríguez é o autor da imaxe gañadora do marathón fotográfico desenvolvido durante o nadal e que tiña como obxectivo captar as imaxes dos escaparates engalanados para a ocasión. Andrade recibirá tamén outro vale de 1.000 euros para consumir en Burela. O mellor escaparate recollido na foto foi o de Farmacia Casariego. Os seus propietarios obteñen un premio en metálico de 500 euros.

O edil José González Legazpi dixo que “a pasada campaña de nadal foi un auténtico éxito, polo que estamos moi satisfeitos”.

Exit mobile version