Site icon Crónica3.com A Mariña

O mal tempo en Xove obrigou a celebrar a tirada de bolos de Monte na bolera do club social de Palmeiro

XOVE .- Tarde de diluvio, que fixo que o Campo do Centro Social de Monte estivera completamente anegado, de aí que a organización e o conxunto de xogadores decidiron trasladar a tirada ao C. Social máis achegado, concretamente ao de Palmeiro, no cal, baixo unha choiva continua se desenvolveu a tirada.

Liga Senior.- Victoria do líder Ginés Rodríguez, o que lle permite distanciar a José Rafael González ata os doce puntos, tendo 96 e 84 respectivamente. Se miramos as puntuacións, vemos que a primeira parte do circuito (tiradas de Lago, Monte, Palmeiro e Cruceiro) son máis favorables a Ginés Rodríguez e a segunda parte (A Vara, Morás e Sumoas) o son a José Rafael González, dahí que Ginés ten que apretar nestas primeiras tiradas da segunda volta, dado que seguramente José Rafael o vai a facer nas últimas. Para o terceiro posto final, os 6 puntos obtidos por César Cancello permítenlle conservar a terceira posición, pero xa ten moi perto a Moisés Rodríguez con 57 puntos, e por detrais José Manuel Cociña con 49 e Carlos Javier Rodríguez con 44, e posibilidades inda de subra máis arriba na clasificación.

Liga Sub 18.- Terceira victoria consecutiva de Cristian Rodríguez, que unha semana máis lle recorta puntos ao líder, quen aguantou o tirón gracias ao terceiro posto e mellor bolada; a falla de 6 tiradas para o final, Jose Vigo sigue en cabeza con 55 puntos, 9 máis que Cristian. Cristian, despois dun comezo de temporada un pouco irregular, está tendo un comezo de ano espectacular, pero Jose Vigo está respondendo bastante ben, e se non se pon nevioso, a renda que ten pode ser suficiente ao final. Pola terceira praza, loita pechada con Óscar Pérez con 36 puntos, Andrés Rodríguez con 32 e Alex Meitín con 29.

Liga Feminina.- Fallo das favoritas, dado que a líder, Carmen Roca, só puido ser quinta e a segunda, Dolores Meitín, non conseguiu siquer puntuar. A clasificación non muda nos dous primeiros postos, que siguen prácticamente iguais, pero si cambia a terceira posición, dado que Concepción Piñeiro pasa a ocupar este posto de honra con 22 puntos, en detrimento de Salomé Bermúdez, que ao non puntuar vese desprazada á cuarta posición.

A Vindeira tirada, e cuarta da segunda volta, vai ter lugar no CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE O SÁBADO, 30 DE XANEIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS.

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE   MONTE (XOGADO NO C. S. DE PALMEIRO POR INUNDACIÓN DO DE MONTE ====  33  INSCRITOS:  19  NA LIGA SENIOR,    5  NA LIGA SUB 18  E     9  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 154 12
SEGUNDO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 147 10
TERCEIRO AUGUSTO ALBO OCAMPO 144 8
CUARTO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 144 7
QUINTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 143 6
SEXTO ADRIÁN BOUSO GAVIN 143 5
SÉTIMO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA 136 4
OITAVO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 120 3
NOVENO FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO 118 2
DÉCIMO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 107 1
MELLOR BOLADA MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 59 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 156 6
SEGUNDO ÓSCAR PÉREZ MEITÍN 122 4
TERCEIRO JOSE VIGO LAGE 121 3
CUARTO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 86 2
QUINTO AITOR BOUSO GAVIN 85 1
MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE 62 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 76 6
SEGUNDO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 59 4
TERCEIRO MARÍA TERESA RAMOS FERNÁNDEZ 42 3
CUARTO CARMEN ROCA CORRAL 48 2
QUINTO CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA 45 1
Exit mobile version