Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños Atalaia asegura que só cinco rúas de Ribadeo levan nome de mulleres

RIBADEO .- A asociación de veciños Atalaia de Ribadeo anuncia un acto pola igualdade baixo o lema “Pasea con Atalaia” que se celebra o día 8 de marzo. Atalaia recorda que “Do total das rúas ribadenses só cinco levan nome de mulleres e o acordo de marzo de 2009 cumpriuse parcialmente xa que falta asignar rúa a Saudade a pesar dos Rogos da oposición nos Plenos e aos escritos de Atalaia reivindicando o cumprimento, e porque ningunha homenaxe acompañou o pór unha rúa a Ernestina Mansilla e un parque a Amadora Suarez”.

NOTA DE PRENSA

Atalaia: Queremos o pan pero tamén queremos as rosas.

O poema de James Oppenheim asociado a unha folga de mulleres traballadoras
aparece no Boletín: “A Muller Invisible” que desde Atalaia repartiremos no
paseo que sairá de Rosalia de Castro xunto ao Banco Pastor o próximo 8 de
marzo ao cinco e cuarto da tarde
“Mentres imos marchando, marchando, loitamos tamén polos homes / xa que eles
son fillos de mulleres, e protexémolos outra vez maternalmente / Nosas vidas
non serán explotadas desde o nacemento até a morte, / os corazóns padecen
fame, do mesmo xeito que os corpos / dennos pan, pero tamén
dennos rosas!”
Do total das rúas ribadenses só cinco levan nome de mulleres e o acordo de
marzo de 2009 cumpriuse parcialmente xa que falta asignar rúa a Saudade a
pesar dos Rogos da oposición nos Plenos e aos escritos de Atalaia
reivindicando o cumprimento , e porque ningunha homenaxe acompañou o pór
unha rúa a Ernestina Mansilla e un parque a Amadora Suarez.
Por poder dicir o que pensamos, polos golpes recibidos, polas flores pisadas,
pola constancia que crea dereitos e por que en pleno século XXI segue sendo
preciso reivindicar a igualdade PASEA CON ATALAIA O PROXIMO 8 DE MARZO

Exit mobile version