Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aforra cartos ás PEMES cun programa personalizado anti-crise

A nosa provincia conta cunhas 1.300 PEMES, é dicir empresas de entre 10 e 200 asalariados que, debido a crise que estamos a sufrir, e da que ninguén sale desapercibido, enfróntanse a situacións ata o de agora descoñecidas que precisan de decisións urxentes que aseguren a súa supervivencia, e de proxectos innovadores.

Por iso, a Deputación vén de presentar un pioneiro programa anti-crise para as pequenas e medianas empresas da zona centro da provincia, para o que contamos coa colaboración do Concello de Lugo. Trátase de Lugo Compite+ , un proxecto sufragado o 100% polo organismo provincial supoñendo un custe cero para as entidades participantes, que nace co obxectivo de logar entidades máis competitivas.

Deste xeito, a iniciativa ofrece ás PEMES 250 horas de asesoramento empresarial práctico, individual, e adapatado a cada empresa. Expertos económicos coñecerán in situ, na propia empresa, as oportunidades das participantes fronte ós seus competidores para, primeiro, asegurar a súa permanencia e, logo, consolidar as melloras e potenciar un crecemento sostible.

Pero xa non só é un programa totalmente gratuíto para as PEMES, senón que ademais aforrámoslles cartos xa que a contratación desta consultoría suporía un investimento por empresa de entre 4.500-6.000 euros segundo os prezos reais no mercado de hoxe. Con Lugo Compite+ afianzaremos empresas e postos de traballo, ó igual que fixemos xa na Mariña e na Ribeira Sacra onde preto de 50 entidades aproveitaron os programas da Deputación destinados á difícil sucesión nas empresas familiares.

A pesares de que as principais competencias nesta materia corresponden ó  IGAPE da Xunta de Galicia, a Deputación comprométese voluntariamente co sector das PEMES. Este proxecto fai palpable o noso compromiso co tecido empresarial da provincia, e engádese a outras medidas máis globais como a redacción do primeiro Plan Estratéxico da Provincia de Lugo, os centros de recría para as razas frisona e rubia, a transformación do medio ambiente na nosa oportunidade económica –co Km0, ou a certificación medioambiental das praias da Mariña etc; a chegada da administración electrónica á provincia que fará realidade o Innova-TE; ou as subvención para os autónomos nas que levamos investidos 1.400.000 euros, e nas que os Orzamento para 2010 se contemplan outros 700.000.

Exit mobile version