Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación facilitou “redescubrir a provincia” a máis de 1.500 persoas co programa Km0

LUGO .- O Programa Km0 da Deputación facilitou que máis de 1.500 persoas redescubriran a provincia no que vai de ano. Só durante esta semana o programa medioambiental conta con máis de 300 participantes

Nota de Prensa

Máis de 1.500 persoas redescubriron a provincia en 2010 co Km0

Só  durante esta semana, o programa medioambiental da Deputación conta con máis de 300 participantes

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado da Área de Cooperación cos Concellos, e Alcalde de Monterroso, Antonio Gato, recibiron este martes no Pazo de San Marcos ó Clube de Escudería Monterroso Sport, e o CEIP As Mercedes de Lugo, dentro de Km0.Deputación de Lugo. Son os primeiros participantes dos máis de 300 que ó longo desta semana redescubrirán a provincia co programa medioambiental do organismo provincial. En total, no que vai de 2010, os amigos de Km0 suman máis de 1.500.

55 membros do colectivo monterrosino de escudería coñecerán Burneiros e a Fervenza, farán un percorrido ata o primeiro hito do Camiño Francés, subirán ó Monte da Cruz, e visitarán o museo etnográfico, e a igresa de Santa María A Real. Os alumnos do colexio As Mercedes desprazaránse ata Ribadeo para coñecer o Centro de Cultivo Mariño, o Monasterio das Clarisas, e o Casco histórico desta localidade. Asimesmo, tamén farán un percorrido en barco pola ría de Ribadeo.

O mércores, máis de 100 participantes en Km0.Deputación de Lugo viaxarán a comarcas da Ulloa e A Mariña. O colectivo de Santo Anxo de Rábade visitarán en Viveiro os eucaliptos de Chavin, o Monasterio Valdeflores, e o Mirador de San Roque. Pola súa banda, membros do Club náutico de Foz farán unha ruta de senderismo dende Torrentes do Ulla, e ata Fradegas. A viaxe rematará coas visitas ó Pazo e a Igrexa de Santa María de Amarante.

Polo que se refire o xoves, novos participantes voltarán ó Cebreiro e a Ribadeo xa que preto de 60 persoas pertencentes á asociación cultural San Remigio de Bazar de Lugo elexiron a ruta polas Pallozas do Cebreiro. Mentras, alumnos do Colexio Terra Cha farán unha travesía marítima pola ría de Ribadeo.

Exit mobile version