Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra destinos das 4 rutas de Km0 desta semana

LUGO .- Un grupo de solicitantes individuais e outro da Asociación “Ponte da Chanca” de Lugo foron recibidos este mércores, no Pazo de San Marcos, dentro do programa Km0. Deputación de Lugo. Nas catro rutas desta semana, que promove o organismo provincial, 200 persoas redescubrirán a Mariña, a Ribeira Sacra e a Montaña.

O grupo de solicitantes individuais, formado por 48 persoas, viaxaron ata Ribeira de Piquín. Neste municipio, fixeron a ruta de sendeirismo que transcorre polo río Eo, dende a praia fluvial, e visitaron a igrexa de San Xurxo, en Santalla, ademais da piscifactoría “Menudas”. Antes de desprazarse este Concello, percorreron o Centro de Interpretación do río Miño.

Os 55 membros da asociación luguesa decantáronse por Viveiro, onde visitaron a igrexa de Santa María do Campo, os restos da Muralla medieval, a porta de Carlos V, e a praia de Covas. Ademais, coñeceron a cerámica Regal e o mirador de San Roque. Os participantes tamén percorreron o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.

O xoves, 48 integrantes da Asociación de Xubilados de Guitiriz elexirán o municipio da Pontenova como destino da súa ruta. Neste caso, o itinerario estará formado por unha visita á ferreiría de Bogo, ós fornos e á industria Recense. Completarán a ruta cun percorrido pola Insua de Burneiros e polo contorno da Casa da Fervenza. Pola súa banda, 48 membros da Asociación Penitenciaria “Concepción Arenal” desprazaranse ata a zona sur da provincia, onde visitarán o petroglifo e as igrexas de Proendos e de Cadeiras. Tamén farán unha degustación na adega Proencia. Previamente, coñecerán o CENTRAD.

Exit mobile version