Site icon Crónica3.com A Mariña

Advirte o PSOE que o PP de Burela leva unha liña política extorsionista coaccionando á opinión pública con mensaxes catastrofistas

Nota de Prensa

Ante as gravísimas acusacións vertidas polo portavoz do GMPP sobre a responsabilidade do alcalde de Burela nunha “suposta” desconfianza e inseguridade cidadá, esta executiva local do PSdeG-PSOE, vese na obriga de emitir o seguinte comunicado:

Na infame liña política depredadora e extorsionista coa que leva anos coaccionando á opinión pública con mensaxes falsos e catastrofistas, conven aclararlle o seguinte:

Os cidadáns esixen aos políticos que resolvan os problemas derivados no quefacer diario do Concello, e por conseguinte rechazan que se creen novos problemas. O sempre fácil e cómodo recurso da demagoxia populista, resulta sempre xerador de novos problemas, e cando afecta a cuestións tan sensibles para a cidadanía, é ademáis moralmente indigno. Neste afán por recolectar votos de aquí e de alá, caeu nunha incoherencia propoñer unha cousa e a contraria ao mesmo tempo, basada nun empeño de acaparar titulares e xerar na sociedade debates innecesarios e perxudiciais, todo elo abrazado por unha cobertura mediática insana e oportunista. O seu labor diario non escapa da ignorancia que alimenta esta fogueira da sinrazón.

Leva a cabo accións intimidatorias para que os elexidos democráticamente deixen de gobernar, e por moi encontradas que sexan as posicións, é un claro atentado contra os valores democráticos; non se pode admitir a sinrazón como argumento para validar un criterio; nin se pode consentir que se ataque con declaracións intolerables, inadmisibles e improcedentes a disparidade de ideoloxías dentro do arco democrático. Como inimigo das libertades de todos, vive atemorizado coa súa existencia e non soporta que ninguén faiga  ou diga o que  non lle gusta, todo aderezado coa máis mínima argumentación e debate.

Escondido pola capital para agradecerlle a non sabemos quen (razóns poderosas haberá) dons e sacrificios por un beneficio recibido ou solicitado e en sinal de rendimento e adoración (coñecida en Burela a súa actitude plañidera para lograr ser Diputado Provincial), non hai día que pase que este declamador de opereta non repita a mesma noticia, para escarnio, estamos seguros, de moitas gaviotas que xa non queren permanecer por máis tempo entre bambalinas e que non comulgan co atolondrado vó da gaviota pai. Amosa o carácter obsoleto e medieval dunha dereita que se nega a modernizarse e adecuarse ao discurso democrático. E evidencia, en calquer caso, a inmensa distancia que existe entre a retórica barciana e a realidade, co único fin de acabar, cunha voracidade inagotable, cunha institución e un sistema nos que non cree; mentres enche os petos con cartos que son fruto do esforzo do contribuínte. E sempre rodeado, como dicen os antiguos, dun grupo de amiguetes “pijos a la gallega”, os cales hai que mercalos no que valen e vendelos no que dicen que valen, ou será que confunden xestionar recursos públicos con levar xersei con dinosaurio e non mirar aos ollos dos cidadáns, que son os que pagan o nepotismo e a mamandurria nos que queren converter as administracións que gobernan.

Non hai que olvidar que a nosa democracia é herdeira desa vil dictadura que favoreceu o caciquismo provinciano e que todavía este señor hereda nas formas e no fondo. Nesta liña de desprezo á dignidade humana, este portavoz segue amosando ás claras as evidencias do seu verdadeiro ideario. E amosa as incongruencias reais da falsa moral que sustenta a súa razón ideolóxica; falsa moral que predica hipócritamente que todos somos iguais e que na praxis, destila un clasismo execrable e un evidente desprezo aos que considera distintos. Porque, no fondo, tras esta actitude, escondese o vulgar medo ao descoñecido, escondese o narcisismo dos que, en base a unha percepción distorsionada da realidade, crense erroneamente os mellores, os elexidos; escóndese un rasgo evolutivo arcaico, que na maioría dos cidadáns dunha sociedade mínimamente civilizada e democrática debería estar máis que superado. Escondese, en definitiva, a insolidariedade e a  ignorancia dos que non ven máis aló do seu propio ombrigo, nin acepta a diversidade de ideoloxías e opinións, nin vislumbra a inmensa rirqueza da multiplicidade inherente á vida, porque só se ve a si mesmo. Saltar por encima das normas, suplantar as funcións do equipo de goberno, facer unha utilización sectaria e partidista do día a día, non é máis que acreditar unha presión e unha ansiedade sen precedentes, polo que tanto oportunismo e falsedade non debe ter cabida na política e os que a enturbian e a enlodan deben estar fora dela.

Seguindo criterios de metodoloxía científica, e a través dunha simple observación anaítica dos feitos, este melifluo persoaxe, que na súa  época de mandatario municipal alternaba os seus sabios coñecementos de rock como pinchadiscos nun local de ocio non precisamente exemplo de respeto hacia as ordenanzas municipais sobre ruido existentes naquel momento (convén recordar que con Alfredo Llano de alcalde aprobouse a nova lexislación, cando este individuo non foi capaz de facelo en quince anos) e que aderezaba a súa sabiduría musical cun importante efluvio que non se caracterizaba precisamente por ser o líquido elemento (e sospeitamos non ser fruto do suor da súa frente), e por coherencia co panfleto por él publicado, debe presentar a súa dimisión irrevocable dende xa.

Todo o rencor que amosa non é máis que un remordimento da súa conciencia que esconde un tremendo fracaso persoal, que derivou nun trastorno obsesivo, o cal lle obriga a ser o protagonista diario dunha oposición plana, insultante e despreciativa.

Exit mobile version