Nota de Prensa
A parlamentaria do PPdeG e mailo alcalde reuníronse cos directivos do clube para darlles a coñecer a proposición non de lei, xuntanza na que estes transmitiron o seu descontento polas promesas incumpridas do Bipartito
O MOTOCLUB PALEIRA ACOLLE CON SATISFACCIÓN A INICIATIVA DA DEPUTADA ÁLVAREZ CHAO DE SOLICITAR A CONSTRUCIÓN DUN CIRCUITO DE MOTOCROSS EN TRABADA
A proposición non de lei presentada por Álvarez Chao insta á Xunta a levar a cabo cantas accións foran necesarias para retomar a construción dun circuíto do MotoCross no Monte Veciñal en Man Común Paleira, no concello de Trabada (Lugo), baixo as condicións técnicas que marca a Real Federación motociclista Española para os seus campionatos.
A deputada popular xustifica a proposta no feito de que na Mariña de Lugo existen varios moto clubs formados que non teñen un circuíto estable onde practicar este deporte, o que ocasiona numerosos problemas, xa que usan pistas dos montes que non están acondicionadas para elo, co conseguinte perigo para os participantes como para outros usuarios do monte.
Concretamente no concello de Trabada, se barallou a posibilidade de crear un destes circuítos nos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Paleira con boa disposición por parte dela, existindo unha cesión dos terreos necesarios para a súa construción por un tempo mínimo de 10 anos con data de 27 de xuño do 2007. A deputada popular criticou que “foi un proxecto constantemente vendido polo BNG e en concreto polo ex-conselleiro de Industria Fernando Blanco que tivo reunións cos comuneiros do Monte e con membros dos motoclubes da zona na parroquia de Valboa, xunto ao portavoz municipal do BNG, pero as xestións quedaron no camiño”.