Site icon Crónica3.com A Mariña

Agricultura resposta ao PP que “está a traballar con axilidade na concentración parcelaria de Mondoñedo norte”

Nota de Prensa

A deputada do PPdeG trasladou ó Parlamento galego a inquedanza e os desexo dos veciños afectados do Concello de Mondoñedo para poder darlle respostas concisas e poder sacarlle as súas terras, ao seu traballo diario e ao seu esforzo o rendemento económico e social óptimo

A XUNTA CONFIRMA NO PARLAMENTO QUE ESTÁ A TRABALLAR CON AXILIDADE NA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE MONDOÑEDO NORTE

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2010.- A Xunta confirmou hoxe no Parlamento que está a traballar con axilidade na concentración parcelaria de Mondoñedo norte. Estas declaracións foron feitas polo Director Xeral de Infraestruturas de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, no transcurso da Comisión de Agricultura celebrada esta tarde no Parlamento de Galicia ante as preguntas da deputada do PPdeG, Emma Álvarez Chao, que se interesou pola fase na que se atopa a concentración parcelaria de Mondoñedo Norte, polas repercusións nela das expropiacións e servidumes de paso así como o proxecto modificado presentado polos veciños e a data de entrega dos títulos de propiedade das novas fincas. O Director Xeral confirmou que o seguinte paso será a presentación do acordo de concentración que estima poida facerse nun prazo de dous meses se todo sae segundo o previsto.

Para a deputada popular o proceso de concentración parcelaria de Mondoñedo Norte está  decretada dende o ano 1991 e na actualidade existe un grupo de agricultores xóvenes que tratan de sacar rendibilidade económica e social sobre todo as terras agrarias das parroquias de Masma e Vilamor “e están moi preocupados pola agricultura vinculada a terra como motor de desenrolo do rural e teñen como un dos maiores atrancos para realizar as súas tarefas cotidiás precisamente a escasa mesura das terras que laborean”.

Álvarez Chao indicou que dende que se firmaron e publicaron as bases definitivas esta concentración parcelaria sufriu varios proxectos públicos de outras administracións  (COPTOP, Ministerio de Fomento, Deputación…) que retrasaron o proceso, “ademais dun cumulo de despropósitos que culminaron co incumprimento do compromiso persoal do anterior Conselleiro de Medio Rural, Suárez Canal, de sacar adiante o acordo de concentración.

Exit mobile version