Site icon Crónica3.com A Mariña

Aos caramelos de balde

Durante anos estiven, xunto con outros viveireses e viveiresas organizando as festas de Nadal en Viveiro, agora e unha recen formada asociación “Carlos uve” integrada, seica, por militantes e simpatizantes do PSOE local quen se encarga deses menesteres E a cousa non cambia. Seguimos sendo igual de pobres e igual de miserables. Igual de ratas, de usureiros, de forricas e de rastreiros. E coa crise como escusa é que non chéganos nin para pipas, pero o tema é o mesmo, que somos uns desgraciados.

Dicían que os españois eramos parvos e de curto enxeño, ata que inventaron as cousas de balde, ou ata que temos que pensar a forma de putear ao de ao lado.

Porque despois de mercar catorce agasallos no super da esquina para ter ao neno entretido e que non dea guerra, champan, marisco e outras viandas para as datas sinaladas de Nadal, sei que se celebra o nacemento do neno-deus en unha cortiña en Belén) un quédase sen diñeiro, nin para caramelos. E no día que máis ilusión faille a nosos retoño, xusto cando pasa o rei negro (En Viveiro segue sendo teñido), pois temos que sacar o máis ruín de nós, e como non, darlle a volta ao paraugas para dar exemplo aos máis pequenos de como se fan as cousas, de como os caramelos de balde son para gardar para todo o ano, e xa de camiño aproveitamos para sacarlle os ollos a todos os que estean arredor. A seguir sacamos as bolsas do Eroski ou do Ifa e enchémolas, para continuar co paraugas a xeito de cazo arrepañando ilusións. E se hai que tirarse ao chan a polos caramelos, un tirase. E se hai que pegarse co pai de ao lado, se dá catro hostias, e se hai que pisar mans de nenos, písanse. Pero de balde é de balde. Iso si, que os nosos fillos aprendan que o máis cabrón gana, e que hai que aproveitar as degustacións para aprovisionarnos, non imos coller tres ou catro caramelos e xa, que iso é de pobres, e compartir de estúpidos. Mellor todos para nós, aínda que os caramelos vaian despois ao lixo, pero que o puto neno gordo do veciño non consiga nin o envoltorio do último caramelo pisado.

Total, despois botaremos a culpa aos profesores de porque o neno saíu un vago e un cabrón. Señor, imítalle a vostede. Non busque máis, que veu ensinado.

O agasallo apartarao nunhas semanas, pero a lección que lle deches hoxe, pai exemplar, non se lle vai a esquecer na vida.

E o mesmo sucede coas degustacións gastronómicas polo morro, sardiñadas e outras lerias estivais, un gran momento para profundizar na educación do retoño.

Exit mobile version