Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que o Parlamento aprobou a súa inicitaica de impulsar a formación náutico-pesqueira e o regulamento de tripulación mínimas

O Parlamento de Galicia insta á Xunta a promover diante das institucións competentes unha maior adaptación da normativa vixente á realidade actual do sector pesqueiro; o obxectivo final é ofrecer solucións normativas que sirvan para superar as dificultades que se están a dar a día de hoxe á hora de atopar titulados náuticos que queiran enrolarse nos barcos
NOTA DE PRENSA
A INICIATIVA DESTINADA A IMPULSAR A REFORMA DO SISTEMA DE FORMACIÓN NÁUTICO PESQUEIRA E A REGULAMENTACIÓN SOBRE TRIPULACIÓNS MÍNIMAS NOS BUQUES SAE ADIANTE EXCLUSIVAMENTE COS VOTOS A FAVOR DO PP E COA OPOSICIÓN DE PSOE E BNG

* A Cámara galega demanda tamén que se senten as bases para harmonizar as esixencias legais dos cadros mínimos de tripulación a nivel europeo e internacional para evitar que a nosa flota saia prexudicada.

* Representantes do sector pesqueiro mariñán presenciaron no día de onte o debate da iniciativa desde a tribuna do público, dado que se trataba dunhas peticións consensuadas con eles, moi especialmente cos axentes dos portos de Burela e Celeiro

Santiago, 24 de febreiro de 2010.- Socialistas e nacionalistas non apoian no Parlamento de Galicia, no día de hoxe, a iniciativa do PPdeG destinada a impulsar a reforma do sistema de formación náutico pesqueira e a regulamentación sobre tripulacións mínimas nos buques iso a pesar de que se trababa dunha proposta de acordo que previamente se había consensuado cos representantes do sector pesqueiro. Malia todo, a iniciativa saíu adiante cos votos favorables do Grupo Popular que, a través do seu voceiro do Mar, José Manuel Balseiro Orol defendeu que Galicia debe liderar a petición e o sentido do cambio que a normativa vixente precisa para que poida adaptarse á realidade actual dun sector pesqueiro que, desafortudamente, se está a atopar con enormes dificultades para atopar titulados náuticos que queiran enrolarse nos barcos.

O acordo da Cámara galega solicita que se proceda a revisión da normativa vixente sobre asignación de tripulación mínimas (que data do ano 1964) de tal xeito que esta reflicta a actual situación tecnolóxica da flota e se adecúe co actual sistema de formación profesional dos tripulantes.

HARMONIZACIÓN EUROPEA

O Grupo Popular tamén defendeu a necesidade de que os barcos galegos non se vexan prexudicados ante a diversidade normativa que existe entre os distintos países europeos, en materia de cadros mínimos. Para evitar que esta disparidade de criterios provoque unha competencia desleal en detrimento da nosa flota o acordo final defende que se senten as bases para harmonizar as esixencias legais dos cadros mínimos de tripulación a nivel comunitario, aplicando novas normas homologables tamén dentro da Organización Marítima Internacional.

PRESENCIA DO SECTOR PESQUEIRO MARIÑÁN

Aínda que foi hoxe cando se materializou o sentido do voto das distintas forzas políticas, no transcurso da votación, foi onte cando a última hora do serán tivo lugar o debate da iniciativa. Precisamente as intervencións dos distintos voceiros do Mar foi seguida por varios representantes do sector pesqueiro mariñán que estaban na tribuna do público do Parlamento de Galicia. A súa presencia tiña por obxecto amosar o apoio a unhas peticións que previamente foron consensuadas por eles e que formaban parte do acordo proposto na iniciativa. Cómpre subliñar que a necesidade de promover unha reforma nesta normativa foi demandada moi especialmente polos axentes que operan nos portos de Burela e Celeiro. Malia todo PSOE e BNG votaron en contra dela.

Exit mobile version