Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros, Alfoz, O Vicedo, Lourenzá e Trabada interésanse polo sistema de recollida de lixo e de limpeza de Xixón

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros viaxou esta semana a Xixón xunto a outros rexidores da Mariña para coñecer o sistema de recollida de lixo desa cidade.

Alfonso Fuente contou que “desplazéime con máis alcaldes a Xixón para ver o funcionamento dunhas islas ecolóxicas así como o sistema que empregan para a recollida de residuos orgánicos, envases, plásticos e cartóns. Estivemos vendo como se colocan esas islas, cómo funcionan, vimos como facía a recollida un camión e a limpeza que existe en Xixón e tivemos tamén unha xuntanza co responsable de toda a infraestructura de limpeza da cidade”.

O rexedor barreirense sinalou que “fixemos esta viaxe porque hai Concellos que queren facer investimentos en contenedores soterrados e desde a Mancomunidade convocamos a todos os alcaldes que quixeron asistir e puidemos ver todo este sistema. De todas estas experiencias sempre se recollen cousas moi positivas como é manter unha cidade limpa, porque nós o que queremos é ter os nosos concellos limpos”.

Fuente Parga suliñou que os contenedores soterrados de Xixón a penas teñen coste de mantemento “alí cambiáronse os antigos por estes novos e a única cuestión que nós teríamos que resolver agora sería coas empresas que fan a recollida nos nosos concellos porque habería que equipar aos camións cunha grúa para levantar estes contenedores. Os soterrados que se viñan empregando ata o de agora tiñan hidráulicos, equipos mecánicos e eso tiña un alto coste de mantemento, pero con éstes se evita todo esto e por eso nos pareceu un bó sistema en definitiva”.

Xunto a Alfonso Fuente viaxaron a Xixón os rexedores de Alfoz e Trabada e respresentantes municipais dos Concellos de Lourenzá e O Vicedo

Exit mobile version