Site icon Crónica3.com A Mariña

Benestar Social de Burela ofrece ás persoas maiores un servizo de fisioterapia con taller de ximnasia preventiva

BURELA (FNC) .- A Delegación de Benestar Social pon en marcha un servizo de fisioterapia dirixido aos maiores do concello. Contará con tratamento fisioterapéutico individualizado para os dependentes e cun taller de ximnasia preventiva para mellorar a calidade de vida dos maiores.

A edil nacionalista Neves Cando explica que “o Concello de Burela, a través da Delegación de Benestar Social, porá en marcha un servizo de fisioterapia encamiñado en dúas direccións. Por un lado, un servizo de tratamento fisioterapéutico individualizado para os nosos dependentes, analizando caso a caso o tratamento axeitado para cada persoa e en función das súas cualidades físicas. En en segundo lugar, un taller de ximnasia preventiva para persoas maiores encamiñado á mellora da súa calidade de vida e de preparación do corpo para as alteracións que a idade provoca nel”.

Para apuntarse neste taller as persoas terán que ser maiores de 60 anos e ter o grao de autonomía suficiente para asistir ao mesmo sen maiores complicacións. Este taller desenvolveráse tres días á semana en horario de mañá e será na Casa da Cultura e para poder participar nel os interesados deberán anotarse nas oficinas municipais de Servizos Sociais desde hoxe e ata o 12 de febreiro para así comenzar as clases a mediados de mes.

Cando engade que “con este novo servizo queremos complementar máis as prestacións que desde Benestar Social lles estamos a ofrecer aos nosos dependentes e maiores e que supoñen un esforzo máis na mellora da calidade de vida destas persoas”.

Exit mobile version