Site icon Crónica3.com A Mariña

Campaña informativa en Burela sobre o apagón analóxico previsto para o vindeiro 3 de abril

O Concello de Burela realizará unha campaña informativa sobre o apagón analóxico previsto para o vindeiro 3 de abril. O alcalde sinalou que “imos iniciar unha campaña de información a todos os veciños para que vaian sabendo xa o que se nos ven encima”. O 12 de marzo estará en Burela unha unidade móbil “onde os veciños poderán consultar todo aquelo que consideren oportuno sobre a televisión dixital, sobre aparatos receptores, orientación de antenas. Tamén se informará das axudas ás que poden optar aquelas persoas en risco de exclusión para acceder aos descodificadores”.

Exit mobile version